Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do Medio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coñecemento do Medio. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de febrero de 2015

FALANDO DE MAGNETISMO

Estamos en plena unidade sobre a luz, o magnetismo e a electricidade, por iso parece que estes dous vídeos encaixan de marabilla. Aquí tedes outras entradas anteriores sobre este tema no noso blog.

jueves, 5 de febrero de 2015

miércoles, 12 de noviembre de 2014

ROSETTA

National Geographic Channel
Rosetta é unha sonda espacial, lanzada dende a Terra  no ano 2004. Hoxe, despois de orbitar durante dez anos, enviou a Philae (un módulo de aterraxe) á superficie dun cometa para analizar a súa composición.
Esta operación é un importante avance para entendermos a formación do Sistema Solar. Pero tamén poderemos ou non confirmar unha hipótese: saber se a auga dos nosos océanos procede dos cometas que hai millóns de anos impactaron contra a Terrra.
Tamén permitirá comprobar se esa auga ten materia orgánica. Isto tamén podería axudar a comprender como se orixinou a vida na Terra. 
Por tanto, somos todo oídos. ¿Imaxinades que se descubran organismos nesa auga?

Se queres comprobar se comprendiches ben, podes velo traducido ao castelán. Pero seguro que te quedaches con moita información, a que si? Os pequenos esforzos axúdanos a medrar e aprender...
Para máis información podedes picar na páxina da 
http://www.esa.int/esl/ESA_in_your_country/Spain/Datos_de_la_ESA

jueves, 28 de noviembre de 2013

DENSIDADES: 2ª parte

Añadir leyenda
Estes foron os pasos desta mañá. Primeiro fixemos os cálculos para saber canto pesaban os líquidos que onte botamos neste frasco de cristal.
Vaso baleiro 476gr.
Aceite: 150gr.
Auga: 173gr.
Deterxente: 191gr.
Mel: 235gr.
Alcohol: 124gr.
Logo de ter feitas estas anotacións, pasamos a comprobar o comportamento dos distintos materiais nestes líquidos.
* Comprobamos que se afundían no mel o ferro, o vidro e a arxila cocida. Logo estes obxectos teñen maior densidade co deterxente, a auga, o aceite e o alcohol. Tamén é maior cá do mel, xa que tocaban no fondo do cristal.
* Na capa do deterxente quedaron flotando o plástico e a plastilina. Logo teñen maior densidade ca auga, o aceite e o alcohol; e menos co mel.
* No aceite quedou atrapada a cera. Logo ten máis densidade co alcohol. E menos ca auga, o deterxente e o mel.
* E flotando no alcohol: a madeira, a cortiza e o papel de aluminio. Estes materiais teñen menos densidade cos outros e flotan no líquido menos denso.
Unha vez observado isto, decidimos poñerlle a tapa ao frasco e axitalo para ver se as capas de líquidos seguían mantendo a súa densidade. Este foi o resultado:
O mel volveu a ocupar o fondo, no medio formouse unha única capa composta por unha mestura de auga, deterxente e alcohol e por último, unha de aceite.
Á capa de mel volveron os mesmos obxectos; a plastilina e o plástico quedaron na intermedia, e flotando na capa de aceite quedaron a cera, e os tres que antes o facían no alcohol: madeira, aluminio e cortiza.

miércoles, 27 de noviembre de 2013

DENSIDADES

Ola a todos e todas. Queremos compartir con vós, con quen estea lendo este blog, o experimento que estamos facendo na clase de Coñecemento do Medio en 6º. Estamos estudando o que é a densidade, e para comprobalo, nada mellor que experimentalo, non é? 
DENSIDADE: Relación que existe entre a masa e o volume, dun corpo tomando como referencia o aire para os gases e a auga para os líquidos e os sólidos.
A clase de hoxe deunos para facer a metade do experimento. Mañá, se algún trasno non fixo das súas, continuaremos onde o deixamos. Senón, ¡volta a empezar! ¡Así é a ciencia!
Meriais para comparar distintas DENSIDADES

martes, 12 de noviembre de 2013

PRIMEIROS TRABALLOS NA AULA

Estreamos curso. Novamente compartimos aula 5º e 6º. Xa levamos moito tempo xuntos e traballando pero este blog estivo un pouco parado. A ver se comeza a rodar. E para iso, ensinámosvos as imaxes das primeiras clases de coñecemento  deste ano. Estabamos estudando as partes da flor. Saímos, collemos algunhas no campo do patio e observámolas grazas ao visor que actuou como unha potente lupa.

sábado, 9 de junio de 2012

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



Durante a semana pasada, a partir do día 5, dedicamos as clases de Coñecemento do Medio e Plástica sobre o Medio Ambiente. Empezamos con debuxos alusivos ao tema, que colgamos no corredor.Saímos ao patio a recoñecer algunhas árbores e as súas características e colocamos os letreiros que xa  temos feitos en tabla co nome científico, galego e castelán.
Fixemos tamén varias actividades na pizarra dixital e na sala de informática.
O Blog de Ana Martínez aulatic-terradeferrol.blogspot.com sérvenos de gran apoio.
Grazas Ana por publicar cousas tan interesantes.



martes, 13 de septiembre de 2011

SVALBARD: BANCO DE SEMENTES



Esta é a entrada á Bóveda Global de Sementes de Svalbard. Impresionante, non?
Svalbard é un arquipélago que pertence a Noruega. Aquí fixeron esta instalación, case no medio do Polo Norde. Construíron este fabuloso "banco de sementes" para intentar protexer e salvagardar as sementes das especies que se cultivan como alimento. É unha forma de asegurar a súa continuidade a pesar das posibles catástrofes. A súa estrutura sólida e segura está enterrada a 130 metros de profundidade. Fixádevos neste debuxo:
No ano 2008, cando se inaugurou, contaba con cen millóns de sementes, aínda que ten capacidade para 2000 millóns. Aquí poderán permanecer durante séculos gardadas en caixas de aluminio e a -18º. ¡Que frío!Por certo, a foto é dun oso que habita este arquipélago. Parece que chega tarde á clase...
E agora podedes ver este vídeo:

jueves, 20 de enero de 2011

EXPERIMENTANDO NA AULA

Antes de comezar a nosa longa sesión de hoxe, recordamos algo importante, xa que estamos a traballar coa materia e os seus cambios.
Primeiro, as propiedades xerais da materia: a masa e o volume; e as propiedades específicas da materia, entre elas, a densidade.
Despois, o que é unha substancia pura e en que se diferencias das mesturas e disolucións.
E por último, catro xeitos de separar os compoñentes dunha mestura: filtración, decantación, o magnetismo e a evaporación.
Manipulando e facendo estes sinxelos experimentos pensamos que será máis doado recordar todo isto.

Cada quen aportou algún dos elementos e botamos man do material do laboratorio. Aínda que hoxe facía algo de frío alí; mellor facelo na clase, quentiños. Trouxemos sal, garavanzos, manteiga, aceite, auga, alcohol, ferro, puntas de ferro, cuarzo, serrín, diferentes imáns, tinta, café, vinagre, ...