O pasado catro de novembro tivemos unha interesante visita. Por segundo ano consecutivo ASPANEPS impatíu aos maiores de quinto e sexto unha sesión dentro do programa de Sensibilización sobre a Discapacidade. Unha interesante actividade na que sempre aprendemos e melloramos á hora de comprender os problemas aos que se enfrontan as persoas con calquera discapacidade.
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
martes, 8 de noviembre de 2016
miércoles, 12 de febrero de 2014
UN VOLCÁN NA AULA
Cun pouco de ácido cítrico, carbonato de sodio e colorante alimentario fixemos un experimento para ver como reaccionaban estes elementos e o conseguinte efecto. Quedámonos curtos e haberá que repetir a experiencia. Niso estamos...
¿QUERES SABER COMO FUNCIONA UN VOLCÁN, OU COMO SE ORIXINAN OS TERREMOTOS?
Preme na imaxe
martes, 12 de noviembre de 2013
DÍA DO PEÓN: "Polo San Martiño, peóns ao camiño"
No blog da Biblio tedes información sobre a nosa celebración do "DÍA DO PEÓN" no cole.
Antes de subir ao salón de usos múltiples, practicamos un pouco na clase. Algúns estanse a converter en verdadeiros especialistas. E é que xogar ao peón crea afección. ¡Anda, un pareado!
martes, 21 de mayo de 2013
TRABALLANDO NA EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS
![]() |
Aquí estamos 5º e 6º pouco antes de empezar a celebración das Letras Galegas |
Levamos unhas semaniñas (non moito máis, xa que acabamos de saír de "Abril, mes dos libros") preparando a exposición das Letras Galegas, traballando sobre Roberto Vidal Bolaño, facendo o Libro Colectivo, como cada ano... E aquí tedes unhas cantas fotos destes días.
Etiquetas:
5º e 6º,
Actividades,
exposicións,
Letras Galegas
jueves, 25 de octubre de 2012
"NOVAS NO NOVO CURSO"
Despois deste mes e medio de ausencia, hoxe comezamos no blog unha nova etapa. 5º e 6º abren as súas portas para este curso 2012-2013. Unha vez máis tentaremos amosar parte das actividades que o alumnado de 5º e 6º realizará dentro ou fóra do centro. Este ano compartimos aula e titoría, aínda que aseguramos o desdobre en matemáticas, lingua galega e coñecemento do medio. Esperamos que sexa un curso propicio para aprender e medrar con autonomía e responsabilidade.
Estreámonos con dúas actividades que tiveron lugar esta mañá no centro.
Ás dez da mañá fíxonos unha visita Pepe, da Asociación micolóxica Viriato. Xuntámonos co 2º ciclo no salón de actos. Alí atopamos unha ampla exposición con moitos e variados cogomelos. De cada un deles explicounos características e curiosidades, e de todos aprendemos un pouco. É un mundo moi, moi grande e xa sabemos que ata que nos convirtamos en especialistas nunca deberemos consumir cogomelos a non ser que unha persoa coñecedora nos asegure que non son perigosas para a nosa saúde.
Pepe explicounos porque é conveniente o uso dun cesto para recoller cogomelos: así facilitamos que as esporas vaian caendo e queden no bosque ou no campeiro de onde collemos o cogomelo. Desta forma contribuímos á súa dispersión.
Estes son parte do cogomelos que puidemos observar na exposición e no campo do noso cole:
Tamén temos fotos da charla. A verdade é que foi moi interesante, e ademais, como podedes observar, pasámolo moi ben, porque Pepe soubo como contarnos "de marabilla" aquilo que pensaba que era importante que aprendesemos:
E a seguinte actividade desenvolveuse despois do recreo. É a segunda xornada que realizamos con dúas monitoras do Concello de Ferrol. Nesta sesión puidemos facer algunha foto para que teñades unha idea de como se desenvolve o traballo que facemos. É un obradoiro que xira entorno á igualdade de xénero. Esta mañá, divididos en catro grupos, dous de nenas e outros dous de nenos, fixemos dúas probas: unha coser un pano de forma que conseguisemos obter como resultado unha bolsiña con botón para pechala; a outra proba consistía en armar un pequeno carriño metálico con rodas.
Estreámonos con dúas actividades que tiveron lugar esta mañá no centro.
Ás dez da mañá fíxonos unha visita Pepe, da Asociación micolóxica Viriato. Xuntámonos co 2º ciclo no salón de actos. Alí atopamos unha ampla exposición con moitos e variados cogomelos. De cada un deles explicounos características e curiosidades, e de todos aprendemos un pouco. É un mundo moi, moi grande e xa sabemos que ata que nos convirtamos en especialistas nunca deberemos consumir cogomelos a non ser que unha persoa coñecedora nos asegure que non son perigosas para a nosa saúde.
Pepe explicounos porque é conveniente o uso dun cesto para recoller cogomelos: así facilitamos que as esporas vaian caendo e queden no bosque ou no campeiro de onde collemos o cogomelo. Desta forma contribuímos á súa dispersión.
Estes son parte do cogomelos que puidemos observar na exposición e no campo do noso cole:
Tamén temos fotos da charla. A verdade é que foi moi interesante, e ademais, como podedes observar, pasámolo moi ben, porque Pepe soubo como contarnos "de marabilla" aquilo que pensaba que era importante que aprendesemos:
No blog da Biblio podedes ver, se tedes interese os títulos dalgunhas guías e libros especializados que Pepe nos recomendou.
Desde aquí dámoslle outro aplauso porque fíxonos pasar un tempo moi especial. Gustounos un montón así que moitas, MOITAS GRAZAS!!E a seguinte actividade desenvolveuse despois do recreo. É a segunda xornada que realizamos con dúas monitoras do Concello de Ferrol. Nesta sesión puidemos facer algunha foto para que teñades unha idea de como se desenvolve o traballo que facemos. É un obradoiro que xira entorno á igualdade de xénero. Esta mañá, divididos en catro grupos, dous de nenas e outros dous de nenos, fixemos dúas probas: unha coser un pano de forma que conseguisemos obter como resultado unha bolsiña con botón para pechala; a outra proba consistía en armar un pequeno carriño metálico con rodas.
A verdade é que tivemos algunha dificultade, pero... ¿saberiamos dicir en que casos tiveron máis dificultade as nenas ou os nenos? Cremos que é complicado e, de momento non podemos resolver moito porque temos a actividade de hoxe pendente de rematar. Esperamos ao seguinte xoves para tirar conclusións. Xa temos algo avanzado pero, haberá que esperar.
¡ATA A PRÓXIMA!
jueves, 29 de septiembre de 2011
REPRODUCIÓN SEXUAL NAS PLANTAS


Aprendimos que as flores son os órganos reprodutores na maioría das plantas, estudamos as súas partes e elaboramos os nosos debuxos nas libretas:

miracebo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)