Mostrando entradas con la etiqueta Charlas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charlas. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de noviembre de 2011

OS NOSOS BOSQUES


Parece que charlas coma esta son importantes. O 25 deste mes xuntámonos os 2º e o 3º ciclos para escoitar unha charla sobre OS BOSQUES. Non pensedes que sabiamos tantas cousas; algúns incluso dubidabamos á hora de contestar ¿Que é un bosque? Pero cremos que ao final conseguimos o obxectivo: saber que é un bosque, coñecer os tipos de bosque e darnos conta da importancia de coidalos. É necesario para todos, polo noso benestar, pola nosa saúde e pola saúde do planeta preservar estes espazos naturais que tantas veces estropeamos.
Tamén recordamos o libro "No corazón da fraga", de Francisco Xavier Fernández Naval, ilustrado por Suso Cubeiro

lunes, 28 de noviembre de 2011

CHARLA SOBRE AS ENERXÍAS RENOVABLES


O pasado 24 asistimos na nosa aula a unha charla sobre as enerxías renovables. Primeiro vimos a clasificación das enerxías. A partir da natureza temos as ENERXÍAS PRIMARIAS: RENOVABLES e NON RENOVABLES, e as ENERXÍAS SECUNDARIAS ou de CONSUMO.
*Logo reflexionamos sobre a eficiencia enerxética e en como gastamos nós a enerxía. Estes son os resultados (Fonte: "Ayudamos a la energía a hacer bien su trabajo-Guía para un consumo responsable. Gas Natural Fenosa, 2010):
¿En que gastamos enerxía no noso fogar?
Aire acondicionado: 1%
Iluminación: 9%
Cociña: 11%
Electrodomésticos (lavadora, frigorífico...): 12%
Auga quente: 26%
Calefacción: 41%
*Despois botamos un vistazo polo panorama enerxético en España.
¿De que fontes primarias procede a enerxía consumida en España? (Fonte: CORES, ENagas, CNE, e IDAE. Abril 2010-marzo 2011)
Petróleo: 47%
Gas natural:23%
Nuclear: 12%
Renovables:11,2%
Carbón: 6,8%
¿Que enerxías se utilizan en España para xerar electricidade?
(Fonte: MITyC e IDAE, 2009)
Gas natural:37,2%
Nuclear: 17,8%
Carbón: 12,6%

Eólica: 12,4%
Hidráulica: 9,8%
Petróleo: 6,9%
Outras: 3,3%
¿Cal é o consumo de enerxía final por sectores en España? (Fonte: Eurostat 2009)
Transportes: 41%
Industria:27%
Fogar: 18%
Servizos (comercios, hoteis, oficinas...): 10%
Agricultura: 3%
Outros sectores: 1%