miércoles, 2 de noviembre de 2011

COÑECERNOS PARA QUERERNOS


Grazas a O Segrel do Penedo descubrimos esta fermosa curtametraxe sobre unha nena saharaui, Laia, que soña con volver á súa terra. Nós, xunto con outros grupos de nenos e nenas de primaria e secundaria de Ferrolterra, participaremos no proxecto "Coñecernos para querernos", elaborando materiais no que nos presentemos e ensinemos diferentes partes da nosa realidade máis próxima. Tentaremos facer, grazas a Gonzalo Moure, un intercambio con nenos saharauis da nosa idade no que se dean e nos deamos a coñecer. Será unha experiencia enriquecedora e de primeira man, esperemos que para todos.

Lalia from ASPA on Vimeo.

ATA PRONTO!

1 comentario:

  1. Que boa idea! Soa xenial ese proxecto.Seguirémolo atentamente. Un biquiño.

    ResponderEliminar