Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de octubre de 2015

XERARQUÍA DAS OPERACIÓNS COMBINADAS

Prestade atención a este vídeo para repasar a xerarquía das operacións combinadas que estamos a traballar. Recordade que ata o momento estudamos o seguinte:
* Primeiro resolveremos todas as operacións que estean entre parénteses.
* En segundo lugar, as multiplicacións (e as divisións), de esquerda a dereita.
* No terceiro e último lugar, as sumas e restas por orde, de esquerda a dereita.
BOA SORTE!

lunes, 24 de noviembre de 2014

NÚMEROS PRIMOS

Por aquí andamos, entre primos e compostos, así que uns vídeos non nos virán nada mal. Un máis complexo có outro. Vós escolledes.

domingo, 9 de noviembre de 2014

HEXÁGONO INSCRITO NUNHA CIRCUNFERENCIA

Dado que o martes imos celebrar o Día do Peón, imos pensar algo para decorar os que habitualmente facemos na clase. ¿Que vos parece practicar un "sinxelo hexágono" inscrito nunha circunferencia para despois transformardes nalgún outro debuxo que poidades colorear e posteriormente pegar no voso peón?
Aquí tedes unhas láminas que tamén podedes utilizar para decoralas
Despois de facer o voso hexágono, ou decorar un dos debuxos propostos nestas láminas, só teredes que pegalo nun recorte de cartolina do mesmo tamaño ou, para os máis atrevidos, recortar coa serra de pelo un círculo nun taboleiro fino. Pegar ben, furar o centro e colar un lapis, unha pintura afiada, ou un pauíño cortado á medida.
A ver como quedan. ¡Ollo, que imos facer fotos dos máis bonitos!

jueves, 6 de noviembre de 2014

RAÍZ CADRADA

¿Que vos parece ver este vídeo xa que nestas andamos?

miércoles, 29 de junio de 2011