Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
martes, 25 de abril de 2017
viernes, 28 de noviembre de 2014
VISITA A EXPONAV
Onte realizamos a visita a EXPONAV. Foi unha saída moi interesante. Tivemos a sorte de entrar no Arsenal pola Porta do Dique, visitamos as instalacións deste novo museo, fixemos un pequeno obradoiro de nós e, ao finalizar asomamos un pouco a vista ao Dique da Campá onde estaban a facer a reparación do remolcador de altura Mahón.
Tedes todas as fotos en "Coñecendo Ferrol".
Queremos compartir unha recomendación que nos fixeron desde EXPONAV. Xa visitamos varias veces esta páxina; mercamos cordas e estivemos practicando. Esperamos que a aproveitedes tanto coma nós:
miércoles, 26 de noviembre de 2014
EXPONAV
Mañá visitaremos EXPONAV. Atópase no edificio de Herrerías. Podes ver a súa ubicación a través de Streetview.
![]() |
| Entrada ao edificio de Herrerías |
Para que vos fagades unha idea, o Rei Carlos III aprobou o seu deseño e construción no ano 1781. Máis tarde, no ano 1850 foi utilizado como taller de prácticas polos alumnos da Escola de Maquinistas da Armada, e outros 70 anos despois acolleu a Escola de Maquinistas da Armada. No ano 1988 o seu uso pasou a ser o de almacén. A súa restauración comezou no 2001 e acabou no 2008.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




