Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de noviembre de 2015

SAMAÍN E MAGOSTO: Lectura dos CONTOS DE MEDO

Ángel, Kelly, Abraham, Iker, Elia e Alejandra (detrás). Sofía, Anxo, Berto e Irene (diante).
O pasado 29 celebramos o Samaín e o Magosto no cole. Fixemos o tradicional desfile de cabazas e a lectura dos CONTOS DE MEDO que inventamos nas clases. Despois, PAPAAAAMOS CASTAAAAÑAAAS!!
Queredes ver as fotos? Tedes máis no blog da Biblio.
 

jueves, 30 de octubre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Rafa e unha das súas cabazas.
¡Outro curso máis!, e parece que foi onte. Nova celebración do Magosto e do Samaín. E novo conto de medo.
Ao longo da semana preparamos esta celebración lendo, creando o noso conto de medo, ilustrándoo, e baleirando as cabazas. 
 O xoves apagamos as luces, acendimos as cabazas e fixemos o desfile ata a sala de usos múltiples para facer a lectura dos contos de medo de todos os cursos, incluído o de inglés. E logo, magosto rico, rico!
Por certo, un día destes subimos o conto de medo: "O conto do esqueleto". Terrorífico e monstroso, cun certo paralelismo con outro dos clásicos "rosa".

lunes, 14 de noviembre de 2011

MAGOSTO-SAMAÍN-DÍA DO PEÓN

"Once do once do dous mil once". Si, si, un día máxico tamén no noso colexio: catro esqueletos bailando...
O pasado venres celebramos o Magosto, Samaín e día do Peón. Días antes estivemos facendo contos de medo. "O Neno medica" foi o elexido para ler ese día na Hora de ler por Michelle e Lucía:
Érase unha vez un neno chamada Raúl. Raúl tiña medo de todo, menos da comida, da súa casa e dos seus pais. Un bo día foi coa súa curmá ao zoo e invitouno a ir con ela. Pero el díxolle que o sentía moito, pero non quería saír da súa casa porque tiña medo. Era tan medica que en vez de ir ao colexio tiña que ir unha profesora á súa casa todas as mañás. A Raúl non lle gustaba durmir só, e menos no outono porque pensaba que había monstros, vampiros e meigas. Un día o pai falou co neno para convencelo de que saira á rúa cos seus amigos e amigas: Xana, Marta, Elisa, Lucía, Michelle, Jose, Dani e Rafa. O neno dixo que si, e saíu á rúa cos nenos e as nenas. Perdeu o medo ás rúas, pero ao anoitecer saíu correndo para a casa. O pai comprendeu que o neno tiña medo da escuridade. Compráronlle unha lámpada con moita luz. Cada día unha lámpada con menos luz e por fin perdeulle o medo á escuridade. O día do Samaín foron á festa cos amigos e amigas de Raúl e pasárono xenial. Aquel día perdeu o medo para sempre.

Tamén fixemos buxainas de papel para pegar, de cartón para bailar. Preparamos as caveiras, decorámolas. Desfilamos con elas cara o salón de actos onde cantamos "Samaín" e "Os esqueletos". Nós moviámolos por detrás. Resultou moi divertido. A continuación degustamos as castañas con leite, ¡que ricas...! e rematamos no patio bailando buxainas.