Mostrando entradas con la etiqueta Antón Cortizas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antón Cortizas. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de octubre de 2011

VISITA SORPRESA DE ANTÓN CORTIZAS

Non sei que andará a facer por aí Chispa; non sei, non sei. Se cadra algo anda a liar. Veredes, hoxe, xusto á volta da nosa visita á Aula Reciclaterra, tivemos unha grata sorpresa. Moi, pero que moi grata. De súpeto, abríuse a porta da nosa clase e ¡ZAS!, aí aparece Antón preguntando por Paula Cobo ¡! ¡¿Que?! Si, si, que ¿onde está Paula Cobo? Resulta que na nosa clase temos unha admiradora do noso amigo Antón; e resulta tamén que o noso amigo Antón decidíu agasallala con "Os amores de Bruno". Pero iso non é todo. Trouxo moitos máis libros, un para cada compa de 5º e 6º; o resto, para a Biblio. Así que Paula encargouse de repartir os agasallos de Antón e el non tivo máis remedio que adicar cada libro. Cremos que cando saíu da nosa clase debeu de respirar aliviado. ¡Haa, haa, haa!
¡Ai, Antón! Moitas grazas por estes libros. Empezaremos a súa lectura a vindeira semana na Hora de Ler; pero, se cadra, algún libro xa chegue lido ese luns, porque tan pronto como marchaches a curiosidade fixo das súas, e quen máis e quen menos empezou a ler algúns parágrafos, e así descubrimos, por exemplo, que a Bruno lle gusta xogar ao fútbol como a alguén que nós sabemos; que un dos personaxes chámase Alba, coma outra que tamén coñecemos... ; ademais, á "Escola do Arco da vella" van nenos e nenas de moitos países e de pel de diferentes tonalidades, e iso parécenos moi interesante.
Prometímoslle a Antón ler o libro e chamalo cando rematemos para comentalo con el. Esperamos que sexa moi axiña.
Fixeches de hoxe un día moi especial, por iso, GRAZAS!


¡Fermosas palabras as de Antía, Rosalía e Catarina!
A súa lectura fainos quererte un pouco máis.