Mostrando entradas con la etiqueta Plástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plástica. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de septiembre de 2017

PLÁSTICA

Hoxe fixemos unhas bonitas creacións cun papel que agochaba cores no seu interior e un "clásico" punzón. Queredes ver os resultados?










A que molan?

miércoles, 26 de noviembre de 2014

PREPARANDO CONTACONTOS

O paraugas DAMEAUGAS
Portada do libro de Anxo Moure
Na clase, Sonia, Lucas e Aitana, estiveron decorando un paraugas que lles vai servir para contar un dos últimos contos de Anxo Moure: "O paraugas Dameaugas", de URCO Editora. No cole xa coñecemos a Anxo, e este ano nada máis chegar o libriño, quedou "capturado" polas mans de Lucas, que tivo moi claro que sería o seguinte conto para un dos recreos da Biblio. Sonia, con el. E agora, Aitana. Creo que tres é un bo número para presentárnolo. De momento os marcapáxinas que elaboraron eles mesmos están en proceso de recortado, o paraugas está en proceso de secado e o venres teremos a sorte de escoitalo na Biblio na hora do recreo. Se queredes velos en acción, xa sabedes... ¡ESPERÁMOSVOS!

martes, 11 de noviembre de 2014

Hoxe rematamos algúns peóns, ¿gústanvos?

lunes, 10 de noviembre de 2014

BUXAINAS NA CLASE


Mañá seguiremos decorando as nosas buxainaS. Este ano son moi sinxelas porque non nos dá tempo a recortar madeira. Pero vede este adianto que vos amosamos. Simplemente coloreamos o debuxo das láminas que máis nos gustou, e despois pegámolo nun cartón, recortamos e facemos un furadiño no medio iniciándoo cun punzón, introducimos unha pintura afiada, e LISTO CALIXTO!

MARCAPÁXINAS E BUXAINAS DECORADAS

Plantilla que utilizamos para elaborar sinxelos marcapáxinas

Aproveitando que hoxe tiñamos plástica, fixemos estes marcapáxinas e queremos ensinarvos as fotos de como quedaron. Seguro que era mellor telos feito en cartolina branca para decorar coma quixesemos, pero se nos acababan as subsistencias e tiramos polo verde. Bueno, creo que quedaron moi chuliñas.

domingo, 9 de noviembre de 2014

HEXÁGONO INSCRITO NUNHA CIRCUNFERENCIA

Dado que o martes imos celebrar o Día do Peón, imos pensar algo para decorar os que habitualmente facemos na clase. ¿Que vos parece practicar un "sinxelo hexágono" inscrito nunha circunferencia para despois transformardes nalgún outro debuxo que poidades colorear e posteriormente pegar no voso peón?
Aquí tedes unhas láminas que tamén podedes utilizar para decoralas
Despois de facer o voso hexágono, ou decorar un dos debuxos propostos nestas láminas, só teredes que pegalo nun recorte de cartolina do mesmo tamaño ou, para os máis atrevidos, recortar coa serra de pelo un círculo nun taboleiro fino. Pegar ben, furar o centro e colar un lapis, unha pintura afiada, ou un pauíño cortado á medida.
A ver como quedan. ¡Ollo, que imos facer fotos dos máis bonitos!

lunes, 3 de noviembre de 2014

lunes, 29 de octubre de 2012

AQUÍ ESTAMOS

A verdade é que aínda non vós saudamos; é que non fixeramos a foto para presentármonos. Aquí está o terceiro ciclo ao completo. Si, somos poucos, pero imos aproveitar esta circunstancia para traballar a tope. Empezamos con ilusión e ánimos e demostrarémolo!!
Hoxe estivemos falando da Biblioteca. Todos queremos formar parte do Equipo, así que mañá pasaremos por alí para formalizar o contrato e facer a FOTO-DO-EQUIPO-DA-BIBLIOTECA, que será algo parecida a esta, porque ser, imos ser os mesmos. Menuda responsabilidade...
En plástica rematamos uns debuxos que comezaramos coa profe substituta, Sesé. Desde aquí enviámoslle un saúdo agarimoso. Que teñas moita sorte, profe! 

sábado, 9 de junio de 2012

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE



Durante a semana pasada, a partir do día 5, dedicamos as clases de Coñecemento do Medio e Plástica sobre o Medio Ambiente. Empezamos con debuxos alusivos ao tema, que colgamos no corredor.Saímos ao patio a recoñecer algunhas árbores e as súas características e colocamos os letreiros que xa  temos feitos en tabla co nome científico, galego e castelán.
Fixemos tamén varias actividades na pizarra dixital e na sala de informática.
O Blog de Ana Martínez aulatic-terradeferrol.blogspot.com sérvenos de gran apoio.
Grazas Ana por publicar cousas tan interesantes.



miércoles, 4 de abril de 2012

EL REY DE PAPEL

Para a celebración do Día da Poesía e o Teatro,(na Biblio, o 30 de marzo de 2012), preparamos este poema, da editorial "LIBROS DE LA MORA ENCANTADA".


Una tarde de paseo

me tropecé con un rey

magnífico y elegante,

pero todo de papel.

(Luísa)

Haciéndome una gran venia,

este rey que me encontré

me regaló su corona,

que era toda de papel.

(Miriam)

Me dijo: “En esta jirafa

iremos a recorrer

mi reino”. Y juntos nos fuimos.

Y todo era de papel.

(Paula L. )

Lo primero que encontramos

fue un inmenso, enorme buey,

que estaba comiendo un sapo;

buey y sapo de papel.

(Álex)

Después pasamos un túnel,

y allí se puso a llover

gotitas de oro y plata.

Y todo era de papel.

(Paula C.)

El rey abrió un gran paraguas

y yo me escondí bajo él;

me dijo: “No te preocupes,

porque todo es de papel”.

(Alba)

Y llegamos al palacio.

Más lindo no puede ser…

Lleno de torres, campanas

y princesas de papel.

(Andrea)

Diez princesitas había,

las diez hijas de este rey.

Todas lindas, delicadas,

pero todas de papel.

(David)

La princesa más chiquita,

que se llamaba Mabel,

cuidaba flores y plantas,

todas, todas de papel.

(Carolina)

Y las otras princesitas,

tirando un largo cordel,

cerraban firme la puerta,

que era también de papel.

(Fábio)

“¿Por qué tanto cerrar puertas?”,

le pregunté a mi buen rey.

“Ay, hija mía –me dijo-.

Somos todos de papel.

(Paula C. y Luísa)

Si alguien quiere nos arruga;

nos pueden hasta romper,

o tirarnos, o quemarnos,

porque somos de papel”.

(Paula L. y Alba)

“Entonces, déme –le dije-,

déme rápido un pincel ;

tal vez yo pueda salvar

a este reino de papel”.

(Miriam y Fábio)

Me dieron pincel, colores,

pero papel no encontré:

todo eran flores, manteles,

sillas, mesas de papel.

(Andrea y Carol)

Pero el rey me dio su espalda,

y ahí escribí un gran cartel:

“Prohibido, no se rompa,

porque todo es de papel”.

(David y Alejandro)

María de la Luz Uribe

Cuenta que te cuento

Ilustrado por Fernando Krahn

Libros de la mora encantada.

Buscando, buscando, atopamos esta invitación da presentación da editorial que pretende recuperar recuperar obras para nenos que, a pesar da súa calidade, xa non se atopan no mercado.
Nós, con recortes do propio libro máis algunha imaxe obtida da Internet, aocmpañamos o noso recitado con estas imaxes.

Logo de recitar, repartimos a cada neno e nena, e máis aos profes, DEZ PRINCESIÑAS TODAS ELAS DE PAPEL, que nós mesmos fixemos na clase de plástica. ¡Mmmm! Creo que disto non fixemos fotos...¡Lástima!
¿Acompañádesnos á Biblio?

miércoles, 3 de noviembre de 2010

XUNTOS

Esta é a primeira entrada desta nova etapa. Atoparedes novas de 5º, de 6º ou de ambos cursos xuntos.
Hoxe estivemos traballando coas serras de pelo para facer unhas buxainas que vos ensinaremos o vindeiro día. Hai que apurar, que o 11 deste mes celebramos o Día do Peón. Mmmmm! e tamén o magosto.