Mostrando entradas con la etiqueta IES de Catabois. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IES de Catabois. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de noviembre de 2012

VISITA AO IES DE CATABOIS: DEMOSTRACIÓN DA POLICÍA NACIONAL

Hoxe fixemos unha saída a pé ata o IES de Catabois. O segundo e o terceiro ciclo.
Acompañounos no percorrido a Policía Municipal, ¿Vedes que guapo está Rafa? Pois hai algunha foto máis... ¡dentro do coche! e ¡falando pola megafonía! Creo que foi un dos que mellor o pasou esta mañá.
Os profes do IES invitáronnos a asistir a unha interesante demostración da Policía Nacional. Foi unha mañá moi agradable porque ademais puidemos falar cos nosos ex-compañeiros. ¡Que cambiados están! ¡Como medraron! Foi toda unha ledicia compartir con eles todas esas apertas. Aproveitamos para enviarlles unha mensaxe agarimosa; que saiban que non os esquecemos e que lles desexamos moita sorte. Esperamos que traballen polo seu futuro e que disfruten deses preciosos anos.
Como comprobaredes nas fotos tivemos moita sorte porque, a pesar de que a chuvia sempre é unha ameaza nestes tempos, hoxe compinchouse con nós e non nos fallou. Así que o pasamos bomba. Escoitamos as explicacións que nos deron e tamén puidemos pasearnos entre eles para coñecer os seus cans, ver o robot que desactiva bombas, o ordenador que o manexa, probar os seus cascos, a moto, os coches... Fenomenal.
Grazas ao IES pola súa hospitalidade e ¡ATA PRONTO!