Mostrando entradas con la etiqueta Excursión Fin de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursión Fin de curso. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de septiembre de 2014

PENA AVENTURA EN IMAXES

As que debiamos, para que quede un recordo neste blog á parte do que temos todos os que fomos, nos nosos fogares.

sábado, 24 de mayo de 2014

EXCURSIÓN A RIBEIRA DE PENA


Previsión a día 24 de maio:
http://www.ipma.pt/pt/
Só por se queredes ir sabendo que meter na maleta ou bolsa que levedes... ; )
Imaxes tiradas de Google maps

lunes, 19 de mayo de 2014

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A RIBEIRA DE PENA, EN PORTUGAL

http://www.penaaventura.com.pt/

ESTE É O PROGRAMA para o 28, 29 e 30 de maio:


Día 1º FERROL – RIBEIRA DE PENA
Saída a primeira hora da mañá cara a Ribeira de Pena (Portugal). Traslado ao complexo Pena Aventura Parque. Acomodación. Xantar e pola tarde actividades de:
·      Percurso Aventura: Rutas de aventura entre as árbores. Trátase de circuítos con pontes tibetanos, tirolinas e redes integrados na natureza que farán poñer en práctica as nosas habilidades para alcanzar alturas como as copas das árbores.
·      Escalada (rocódromo).
·      Slide. Deporte de aventura que consiste nun descenso rápido, onde nos deslizamos por un cable de aceiro tensado con inclinación, utilizando como soporte algún equipamento de escalada.
Cea, Caza do tesoro nocturno e aloxamento.

Día 2º RIBEIRA DE PENA
Almorzo e pola mañá actividades:  
·         Percurso pedestre (Gravuras Rupestres Lamelas).
·         Fantasticable ou mini cabo: Unha impresionante tirolina de máis de 1.200 metros de distancia entre as montañas Bustelo e Lamelas, 150 metros de altura que nos subirá a adrenalina “a tope” poidendo alcanzar ata 120 km/hora coas máximas medidas de seguridade. É o máis parecido a voar que podemos experimentar sen entrenamento.
Xantar e pola tarde actividades de:
·         Tiro con arco.
·         Canoas en augas tranquilas + Paddleboarding: deporte acuático variante do surf, sobre unha plancha e cun remo nos desprazamos sobre a agua.
Cea, discoteca e aloxamento.

Día 3º RIBEIRA DE PENA – FERROL
Almorzo e actividades de:
·         Salto Negativo. Atados a 2 cables somos proxectados en sentido vertical a 15 metros de altura nun segundo, o equivalente a 500 km/h proporcionando unha explosión de adrenalina.
·         Alpine Coaster (Novidade 2014)
Xantar e regreso a Ferrol. Breve parada en ruta e chegada.

E ESTAS, AS COMIDAS... Mmmmmm...

COMIDAS

1. Día 28:

Xantar: Tenreira con chícharos, arroz e patacas fritidas.
Cea: Costeletas de porco con arroz.
2. Día 29:
Xantar: Petiscos de carne con ensaladilla rusa.
Cea:  Polo asado con cogomelos e arroz.
3. Día 30:
Xantar:  Guiso de carne con legumes.
 

 

martes, 14 de mayo de 2013

I ENCONTRO MASDÍAS - PAZOS

Esta mañá tivemos visita do alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Masdías. Os anfitrións fomos os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º do noso cole. Queriamos coñecernos porque dentro duns días, algúns de nós compartiremos a viaxe de fin de curso. Así que ás nosas profes pareceulles unha boa idea organizar un encontro, pero un encontro para todos e todas, porque facer amigos sempre é unha boa opción aínda que non todos vaiamos viaxar. Ao principio estabamos un pouco ¿cortados?, pero non hai como xogar un pouco para reaccionar.
Pegatina para identificarnos, porque eramos tantos...
Xogamos, "merendamos", volvemos xogar... e, ao final, fomos todos á biblioteca a facernos uns agasallos de intercambio, uns marcapáxinas, por certo, trouxéronnos uns marcapáxinas preciosísimos; e unhas libretiñas que nos servirán para anotar anécdotas ou información na excursión; ou simplemente nos quedarán de recordo. Tamén aproveitamos para ensinarlles rápidamente a biblio, a parte nova coa exposición do Libro Antigo. 
O tempo pasóusenos voando e sóubonos a pouco, pero para a próxima vez que nos vexamos, xa imos saber quen somos, e iso é importante.
¡GRAZAS POLA VOSA VISITA E
POLOS VOSOS AGASALLOS.
PASÁMOLO FENOMENAL! 
¡ATA PRONTO!
Na BIBLIOTECA XOÁN FARIAS.

martes, 30 de abril de 2013

VIAXE FIN DE CURSO

Pois iso, que 4º, 5º e 6º de primaria, os días 4, 5, 6 e 7 de xuño saímos de EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO. Este ano tócanos unha viaxe a Cantabria. Compartiremos a experiencia cos nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP Manuel Masdías. Coñecerémolos moi axiña porque nuns días virán de visita ao cole.  ¿Que vos parece? Xa falta pouco.

Nos seguintes enlaces accederedes aos sitios que imos visitar e tamén ao albergue nos que nos aloxaremos.

ALBERGUE CABÁRCENO

PARQUE NATURAL DE CABÁRCENO
SANTILLANA DEL MAR
FUENTE DÉ
COVAS DE "EL SOPALO"
FORESTAL PARK
MUSEO E NEOCUEVA DE ALTAMIRA
Saídas anteriores

domingo, 3 de junio de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO



O día 30, 31 de maio e 1 de xuño, fomos de excursión os cursos de 5º e 6º de Primaria coas profes Rosana e Feli, a Cabeza de Manzaneda. Saímos ás 9 da mañá, fixemos unha paradiña para tomar un bocadillo nunha área recreativa de Quiroga.
Chegamos ao noso destino á unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no autoservizo.
Pola tarde tivemos tiro con  arco con Julia, a nosa primeira monitora; e piscina, vixiados polos atentos ollos de Iran. A continuación ceamos e ás 10 da noite, velada con Asur e outros monitores, o xogo  osos e tolos.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
Alejandro ouveou... e os lobos CONTESTARON!!!
O día 31 fomos ao bosque e fixemos o xogo de supervivencia, con Álex,que consistía en facer unha cabana de paos e ramas para sobrevivir no caso de perdérmonos. A foto que vedes é o resultado do que fomos quen de facer en moi pouco tempo, aínda que non o creades!
Despois, karts.
Xa pola tarde piscina, e cabalos con Abel. Ás 10 da noite discoteca.
O último día fixemos sendeirismo percorrendo varios quilómetros pola montaña de Manzaneda.
Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel, levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. Pola tarde, escalada, con Asur e Alejandra.

E por fin, de volta para a casa.

O que máis lle gustou a 5º foi:
  • Karts
  • Piscina
  • Discoteca
Teremos que esperar a mañá para saber cales foron as actividades que máis lle gustou á clase de 6º... Aínda que de algúns podemos adiviñar as preferencias
Por certo..., non vos ensinamos como cargabamos pilas entre actividade e actividade...

miércoles, 14 de diciembre de 2011

NÚMERO PREMIADO - CESTA DE NADAL

O número premiado en combinación co sorteo da ONCE de hoxe é o
405.
Xa sabedes que estivemos a vender rifas para sortear unhas CESTAS DE NADAL, e é que 5º e 6º querémonos ir de excursión cara á fin de curso; así que hai que xuntar...
Temos tres cestas preparadas para entregar aos tres novos donos ou donas.
As rifas premiadas (Número 405) foron vendidas por Xana, Fábio e Luísa.
Noraboa a eles tres por repartir a boa sorte, e noraboa aos que se levan as cestas.
¡¡Esperámosvos no cole para recollela no prazo dunha semana!!