Mostrando entradas con la etiqueta dereitos de infancia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dereitos de infancia. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de diciembre de 2012

RAFA É FELIZ

Porque o queremos moito...
Fixemos un remuíño de títulos no encerado e votamos. "Rafa é feliz" foi escollido para escribir e compoñer xunto cos traballos de todo o colexio un libro colaborativo, con motivo do Día dos Dereitos da Infancia e os Dereitos Humanos, porque rápidamente pensamos que tiña moitas posibilidades. Incluso el deunos algunhas pistas para completar o texto. Así quedou, escrito con todo respecto ao noso amigo e compañeiro. (No blog da Biblio atoparedes moita información sobre a nosa celebración.)



RAFA É FELIZ
Rafa é o noso compañeiro e amigo. Rafa é un pouco revoltoso.


Gústanlle moitas cousas: as motos e os coches, facer karate, o fútbol, os cabalos e as galiñas.

É mouro, de pelo curto, usa gafas e leva un sorriso pintado todo o día na súa cara.

Rafa é moi cariñoso.

O outro día, na escola, houbo un problema. Coma outras veces, algúns nenos aproveitáronse de el, e gastáronlle algunha broma pesada das que non se deben facer.

A nós gústanos axudalo, e ese día, coma outras veces, fixémoslles comprender que temos que respectar a Rafa, coidalo e darlle agarimo.

Desde entón, non lle volveron a gastar esas bromas pesadas, porque entenderon a nosa mensaxe.
 



Gustaríanos que de maior sexa un home feliz, que encontré un traballo digno que lle sirva para ser autónomo na súa vida. Gustaríanos que os seus dereitos sexan sempre respectados como nos gusta que sexan respectados os nosos.
¿Qué pensades vós?

Rafa ten Síndrome de Down,
é o noso compañeiro e amigo,
e é un pouco revoltoso.

O 5º DEREITO di:

O neno que sufra alguna deficiencia física, mental ou social, ten que recibir tratamento, educación e as atencións necesarias que reclama a súa particular situación.



 

viernes, 8 de junio de 2012

NUTRICIÓN E DEREITOS DE INFANCIA






Desde o pasado 22 de maio e ata este martes, tivemos unha exposición na sala de Audiovisuais sobre Nutrición e Infancia, organizada por Unicef e o Concello de Ferrol. Consta de 17 paneis nos que poidemos ver fotografías e ler sobre a desnutrición de nenos e nenas en países pobres de África, Asia e América.
Falamos coa profesora de temas como a solidariedade, desenvolvemento, dereitos da infancia, medio ambiente, etc. Traballamos en mapas mudos localizando os países afectados. A exposición estivo moi interesante.
A partir de agora xa formamos parte da Rede de Centros "Enredados con Unicef", que nos permite recibir anualmente, e de forma gratuíta materiais relacionados cos dereitos de infancia, grazas a Marta Andrade, responsable de Sensibilización de Unicef-Galicia.
Se estades interesados/as en encontrar máis información podedes entrar na páxina www.enredate.org">www.enredate.org