jueves, 28 de noviembre de 2013

DENSIDADES: 2ª parte

Añadir leyenda
Estes foron os pasos desta mañá. Primeiro fixemos os cálculos para saber canto pesaban os líquidos que onte botamos neste frasco de cristal.
Vaso baleiro 476gr.
Aceite: 150gr.
Auga: 173gr.
Deterxente: 191gr.
Mel: 235gr.
Alcohol: 124gr.
Logo de ter feitas estas anotacións, pasamos a comprobar o comportamento dos distintos materiais nestes líquidos.
* Comprobamos que se afundían no mel o ferro, o vidro e a arxila cocida. Logo estes obxectos teñen maior densidade co deterxente, a auga, o aceite e o alcohol. Tamén é maior cá do mel, xa que tocaban no fondo do cristal.
* Na capa do deterxente quedaron flotando o plástico e a plastilina. Logo teñen maior densidade ca auga, o aceite e o alcohol; e menos co mel.
* No aceite quedou atrapada a cera. Logo ten máis densidade co alcohol. E menos ca auga, o deterxente e o mel.
* E flotando no alcohol: a madeira, a cortiza e o papel de aluminio. Estes materiais teñen menos densidade cos outros e flotan no líquido menos denso.
Unha vez observado isto, decidimos poñerlle a tapa ao frasco e axitalo para ver se as capas de líquidos seguían mantendo a súa densidade. Este foi o resultado:
O mel volveu a ocupar o fondo, no medio formouse unha única capa composta por unha mestura de auga, deterxente e alcohol e por último, unha de aceite.
Á capa de mel volveron os mesmos obxectos; a plastilina e o plástico quedaron na intermedia, e flotando na capa de aceite quedaron a cera, e os tres que antes o facían no alcohol: madeira, aluminio e cortiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario