Mostrando entradas con la etiqueta Excursións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursións. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de diciembre de 2012

GALLAECIA PETREA

4º, 5º e 6º de Primaria, na visita á Cidade da Cultura para ver a  EXPOSICIÓN GALLAECIA PÉTREA

O pasado día 5 de decembro fixemos unha saída co colexio de Valón. Visitamos a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Alí vimos dúas exposicións: Gallaecia Petrea e Os Códices, ¡o Calixtino incluído!
Entre unha e outra fixemos unha paradiña para tomarnos a "merenda", e despois despedímonos facendo algunha que outra "escalada". Estivo fenomenal. A mañá fíxosenos moi curtiña...
Á volta deixamos aos nosos compañeiros de Valón no seu cole, e nós quedamos todos a comer os nosos bocatas cos profes, e con Aurora, a encargada do comedor.
Pasámolo moi ben. Esperamos que se repita!
Se queredes ver un montón de fotos máis, podedes enlazar con GALLAECIA PETREA NO BLOG DA BIBLIO.
¡Saúdos e ata pronto!

domingo, 3 de junio de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO



O día 30, 31 de maio e 1 de xuño, fomos de excursión os cursos de 5º e 6º de Primaria coas profes Rosana e Feli, a Cabeza de Manzaneda. Saímos ás 9 da mañá, fixemos unha paradiña para tomar un bocadillo nunha área recreativa de Quiroga.
Chegamos ao noso destino á unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no autoservizo.
Pola tarde tivemos tiro con  arco con Julia, a nosa primeira monitora; e piscina, vixiados polos atentos ollos de Iran. A continuación ceamos e ás 10 da noite, velada con Asur e outros monitores, o xogo  osos e tolos.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
Alejandro ouveou... e os lobos CONTESTARON!!!
O día 31 fomos ao bosque e fixemos o xogo de supervivencia, con Álex,que consistía en facer unha cabana de paos e ramas para sobrevivir no caso de perdérmonos. A foto que vedes é o resultado do que fomos quen de facer en moi pouco tempo, aínda que non o creades!
Despois, karts.
Xa pola tarde piscina, e cabalos con Abel. Ás 10 da noite discoteca.
O último día fixemos sendeirismo percorrendo varios quilómetros pola montaña de Manzaneda.
Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel, levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. Pola tarde, escalada, con Asur e Alejandra.

E por fin, de volta para a casa.

O que máis lle gustou a 5º foi:
  • Karts
  • Piscina
  • Discoteca
Teremos que esperar a mañá para saber cales foron as actividades que máis lle gustou á clase de 6º... Aínda que de algúns podemos adiviñar as preferencias
Por certo..., non vos ensinamos como cargabamos pilas entre actividade e actividade...

domingo, 5 de junio de 2011

VIAXE FIN DE CURSO III


Este é o recordo que nos levamos para a casa.
Seguro que non esqueceremos estes días que pasamos xuntos.
Haberá que ir pensando na viaxe do próximo curso...

RUTA POLO RÍO SIL. CATAMARÁN DE DOADE

A última parte da nosa viaxe foi unha ruta no catamarán polo río Sil. O embarcadoiro, o de Doade, no Concello de Sober.
Grazas ao noso condutor, Juan, podemos ensinarvos estas fotos. Descubrimos que é un gran afeccionado á fotografía e agasallounos xenerosamente cun montón de fermosas imaxes desta ruta. ¡UN MONTÓN DE GRAZAS! : )
Estas son algunhas delas:

jueves, 2 de junio de 2011

VIAXE A MANZANEDA II


Aínda nos faltan fotos por chegar, pero imos publicar outro lotiño, como por exemplo as dos cabalos. ¿Que vos parece unha boa dose de equitación?

domingo, 29 de mayo de 2011

Viaxe a Cabeza de Manzaneda

Ola a todos e todas! Levabamos moito tempo sen dar novas, pero hoxeeeee. Hoxe temos que contarvos cousas. Acabamos de chegar da nosa excursión de Fin de curso. Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.
Esta é unha entrada rápida porque fáltannos fotos doutras cámaras. Cando teñamos todo preparado, faremos a reportaxe completa, pero de momento, como entrante, vede estas imaxes de Monforte de Lemos, e de Cabeza de Manzaneda. Faltan fotos de moitas actividades: piscina, cabalos..., tamén da viaxe en catamarán polo Sil. Xa chegarán. Prometémolo.
PASÁMOLO XENIAL!!


miércoles, 12 de mayo de 2010

CABARCENO POR FIN!


JONI: Gustáronme os osos.
GLORIA: Gustoume moito cando os gorilas puxeron cara de pensativos.
NURIA: Gustoume cando os osos saludaban á xente .
RUBÉN: Gustáronme as focas.
ALBERTO: Gustoume cando os osos se pelexaron.

ESTAMOS DE EXCURSIÓN EN CABÁRCENO

ALBA: O animal que máis me gustou foi a xirafa .
CAROLINA: O animal que máis me gustou foron os leóns marinos porque fixeron un especáculo moi bonito.
LAURA: Mirade ¿a que son fermosas?
Pero cando estás enfrente delas dá un pouco de medo porque son altísimas.
LEANDRA: Encántame a xirafa.
LUCÍA: Mollámonos coma pitos pero mereceu a pena.
PAULA: A min gustáronme os tigres.
ROSANA: Eu disfrutei cos osos porque se nos puxeron de pé a saúdar e a pedir comida, pero non lle puidemos dar nada porque non se debe facer iso, así que nos dedicamos a velos durante moito, moito tempo baixo a choiva.
ROSA: Chifláronme as pestanas dos avestruces e esas caidiñas de ollos. e tamén me encantaron os morriños que poñían as xirafas. Un día pasado por auga pero inolvidable.