martes, 13 de septiembre de 2011

SVALBARD: BANCO DE SEMENTES



Esta é a entrada á Bóveda Global de Sementes de Svalbard. Impresionante, non?
Svalbard é un arquipélago que pertence a Noruega. Aquí fixeron esta instalación, case no medio do Polo Norde. Construíron este fabuloso "banco de sementes" para intentar protexer e salvagardar as sementes das especies que se cultivan como alimento. É unha forma de asegurar a súa continuidade a pesar das posibles catástrofes. A súa estrutura sólida e segura está enterrada a 130 metros de profundidade. Fixádevos neste debuxo:
No ano 2008, cando se inaugurou, contaba con cen millóns de sementes, aínda que ten capacidade para 2000 millóns. Aquí poderán permanecer durante séculos gardadas en caixas de aluminio e a -18º. ¡Que frío!Por certo, a foto é dun oso que habita este arquipélago. Parece que chega tarde á clase...
E agora podedes ver este vídeo:

1 comentario:

  1. IMPRESIONANTE!!! Non tiña eu nin idea de que existía un lugar tan fantástico. Graciñas por compartilo connosco. Biquiños para tod@s.

    ResponderEliminar