Mostrando entradas con la etiqueta Traballo de aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Traballo de aula. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de marzo de 2018

EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"

https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que destacaron ou destacan na historia por ser pioneiras no seu campo. O traballo tivo unha parte de documentación na que recorremos a, polo menos, dúas fontes: algún dos libros sobre mulleres da exposición da Biblioteca, e outra de Internet. Coas imaxes desas mulleres, tiradas da rede e os datos recollidos en ambas fontes, elaboramos unha presentación en Impress, que logo amosamos aos nosos compañeiros en tres sesións, nas cales tivemos de invitados aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º.
E este é o listado das mulleres sobre as que investigamos:
* Iria: Amelia Earhart, aviadora estadounidense, a primeira en tentar a primeira viaxe en avioneta arredor do mundo.
* Laura: Diane Fossey, zoóloga que adicou o seu labor científica a estudar e defender os gorilas no seu hábitat.
* Marta: Cheryl Bridges, atleta estadounidense que bateu o récord da maraton en varias ocasións.
* Gaia: Coco Chanel, deseñadora de alta costura francesa. Revolucionou a moda feminina.
* Diego: Ella Fitzgerald, cantante de Jazz."A Raíña do Jazz".
* Marcos: Audrey Hepburn, actriz na época dourada do cine en Hollywood,  e activista belga, que adicou gran parte da súa vida a Unicef.
* Martín: Valentina Tereshkova, 1ª astronauta en viaxar ao espazo, despois de Yuri Gagarin.
* Nuria: Annette Kellerman, nadadora profesional australiana, actriz, escritora e emprendedora. A primeira muller en utilizar un deseño propio de bañador dunha soa peza.
* Paula: Alice Blanchet, pioneira do cine. Primeira persoa en realizar unha película.
* Juan: Violeta Parra, cantautora, pintora, escultura e ceramista chilena. Gran divulgadora do folklore de América do Sur.
* Keira: María Callas, soprano grega considerada a cantante de ópera máis importante do século XX.

viernes, 10 de noviembre de 2017

O CÓMIC: TRABALLO EN EQUIPO -

https://photos.app.goo.gl/w29zC2ftfvDEvEht2
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

Esta mañá tivemos unha sesión adicada ao cómic. As nenas de sexto explicaron con exemplos, ao grupo de 5º, como analizar un cómic dende o punto de vista da forma:

PLANOS: xeral, medio, enteiro, primeiro plano, plano de detalle...
ÁNGULOS ou ENFOQUE: frontal, picado e contrapicado.
GLOBOS: (distintas formas para expresar ou enfatizar o texto que conteñen) de diálogo normal, de pensamento, de enfado... Globo en "off", se o personaxe que fala non está presente na viñeta.
TEXTOS DE APOIO, que dan información extra que non ofrecen nin a imaxe, nin os globos.
METÁFORAS VISUAIS, apoian as liñas de movemento, as onomatopeas, ou, simplemente as identificamos cunha idea. Dixen IDEA? , pois iso, como a "bombilla" dunha idea, ou o debuxo dun corazón entre dúas persoas namoradas... Pillades a IDEA?
LIÑAS DE MOVEMENTO, marcan o movemento dos obxectos ou personaxes da viñeta.
ONOMATOPEAS, son importantes para representar os ruídos.

Con toda esta información traballamos cun montón de exemplos de distintos cómics da Biblioteca.
https://photos.app.goo.gl/w29zC2ftfvDEvEht2

MOI BO TRABALLO!
FELICIDADES A ANDREA, PAULA, KEIRA E NURIA POR COMPARTIR CON 5º OS VOSOS COÑECEMENTOS.
NORABOA A 5º POR APROVEITAR A SESIÓN, POR COLABORAR E PARTICIPAR COMO O FIXESTES!

sábado, 28 de octubre de 2017

TRABALLANDO NO CONTO DE MEDO DESTE ANO

Levamos unha semana traballando no conto de medo deste curso. Como cada ano, elaboraremos un conto colectivo con todas as historias creadas entre todos. Xa temos unha boa colección deles. e gústanos esta actividade porque traballamos en equipo e saen ideas moi creativas. O noso título deste ano é "Falsas apariencias", pero non esperedes que de momento vos contemos algo máis. Ata rematalo e ALTO SEGREDO!!!
PREMEDE EN CALQUERA DAS IMAXES PARA VER AS FOTOS DO QUE ESTAMOS A FACER ESTES DÍAS NA CLASE
https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2


https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2

https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2
https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2

viernes, 26 de febrero de 2016

Traballando o DIÁLOGO

Este diálogo sae da libreta de galego de Sofía. Resposta a unha actividade do libro na que se pedía que, utilizando os guións, inventasen un diálogo no que un dependente convence a unha clienta de que se leve unha prenda que non desexa...


jueves, 25 de febrero de 2016

AS PLANTAS

Estes días andamos a facer a nosa primeira presentación no ultraportátil. Estamos estudando as plantas: Como son, que necesitan para vivir e fabricar o seu propio alimento, a fotosíntese e a respiración, e a reprodución sexual e asexual. Para iso  extraemos información do libro, e utilizamos bancos de imaxes como Intef, ou outras ás que temos acceso a través da páxina do noso blog: Para aprender xogando.
Tamén andamos a tirar fotos coas nosas cámaras ou teléfono para incorporar ao traballo. Esperamos poder amosarvos os resultados moi axiña.

lunes, 1 de febrero de 2016

ASÍ TRABALLAMOS NO LIBRO COLECTIVO DA PAZ

Traballo con libros, libretas, atlas e pizarra dixital
Esta ano elaboramos o novo LIBRO COLECTIVO DA PAZ. O tema escollido foi "OS REFUXIADOS". Nós tivemos que buscar información sobre as zonas en conflito do planeta e localizalas e presentalas nun mapamundi. 
Así traballamos na aula:
Máis información no Blog da Biblioteca

miércoles, 4 de noviembre de 2015

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Traballamos na aula cos ultraportátiles. Estes son os nosos comezos.
Este curso comezamos con certa demora a traballar no PROXECTO ABALAR a causa dos dous ultraportátiles que temos solicitados. Onte, tivemos a primeira sesión na que lemos o protocolo de utilización e nos familiarizamos co funcionamento. Hoxe armámonos de paciencia e visitamos os enlaces de MATEMÁGICAS e tamén os de PARA APRENDER XOGANDO.









 

jueves, 11 de junio de 2015

"POLLO O POYO"

Hoxe, na clase de lingua castelá, estivemos facendo unhas presentacións. Como lle estamos a dar un bo repaso á ortografía, comezamos con isto que vos imos amosar e esperamos que vos guste.
Iremos recollendo outros traballos en "ESCRIBIMOS BIEN".

miércoles, 26 de noviembre de 2014

CÓMIC ON LINE



Entramos na páxina PLAYCOMIC  e estivemos familiarizándonos con esta ferramenta que nos permite crear bandas deseñadas. Traballamos a estrutura do cómic, a linguaxe, a expresión..., probamos distintos personaxes, decorados e situacións. A partir de agora só é cuestión de traballar un guión como o que fixemos hai un mes en lingua galega,  "A moura do Castro de Baínte", pero en versión dixital.
Versión accesible

lunes, 24 de noviembre de 2014

IMAXE E PÉ DE IMAXE

En lingua castelá estamos a traballar as imaxes na prensa e o pé de imaxe. Hoxe capturamos algúns traballos da libreta. Tentaremos ensinarvos os nosos avances dentro duns días... De momento, isto é o que fixemos.