domingo, 25 de marzo de 2018

EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"

https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que destacaron ou destacan na historia por ser pioneiras no seu campo. O traballo tivo unha parte de documentación na que recorremos a, polo menos, dúas fontes: algún dos libros sobre mulleres da exposición da Biblioteca, e outra de Internet. Coas imaxes desas mulleres, tiradas da rede e os datos recollidos en ambas fontes, elaboramos unha presentación en Impress, que logo amosamos aos nosos compañeiros en tres sesións, nas cales tivemos de invitados aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º.
E este é o listado das mulleres sobre as que investigamos:
* Iria: Amelia Earhart, aviadora estadounidense, a primeira en tentar a primeira viaxe en avioneta arredor do mundo.
* Laura: Diane Fossey, zoóloga que adicou o seu labor científica a estudar e defender os gorilas no seu hábitat.
* Marta: Cheryl Bridges, atleta estadounidense que bateu o récord da maraton en varias ocasións.
* Gaia: Coco Chanel, deseñadora de alta costura francesa. Revolucionou a moda feminina.
* Diego: Ella Fitzgerald, cantante de Jazz."A Raíña do Jazz".
* Marcos: Audrey Hepburn, actriz na época dourada do cine en Hollywood,  e activista belga, que adicou gran parte da súa vida a Unicef.
* Martín: Valentina Tereshkova, 1ª astronauta en viaxar ao espazo, despois de Yuri Gagarin.
* Nuria: Annette Kellerman, nadadora profesional australiana, actriz, escritora e emprendedora. A primeira muller en utilizar un deseño propio de bañador dunha soa peza.
* Paula: Alice Blanchet, pioneira do cine. Primeira persoa en realizar unha película.
* Juan: Violeta Parra, cantautora, pintora, escultura e ceramista chilena. Gran divulgadora do folklore de América do Sur.
* Keira: María Callas, soprano grega considerada a cantante de ópera máis importante do século XX.

miércoles, 28 de febrero de 2018

BRILÉ OU...?

Algunha vez vos preguntastes se ten outro nome?
Pois, si! Buscádeo e contádemo. 
Punto para o primeiro; ou se cadra sexa primeira!!
Ooooh!, un balón polo aire!
 

viernes, 10 de noviembre de 2017

O CÓMIC: TRABALLO EN EQUIPO -

https://photos.app.goo.gl/w29zC2ftfvDEvEht2
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

Esta mañá tivemos unha sesión adicada ao cómic. As nenas de sexto explicaron con exemplos, ao grupo de 5º, como analizar un cómic dende o punto de vista da forma:

PLANOS: xeral, medio, enteiro, primeiro plano, plano de detalle...
ÁNGULOS ou ENFOQUE: frontal, picado e contrapicado.
GLOBOS: (distintas formas para expresar ou enfatizar o texto que conteñen) de diálogo normal, de pensamento, de enfado... Globo en "off", se o personaxe que fala non está presente na viñeta.
TEXTOS DE APOIO, que dan información extra que non ofrecen nin a imaxe, nin os globos.
METÁFORAS VISUAIS, apoian as liñas de movemento, as onomatopeas, ou, simplemente as identificamos cunha idea. Dixen IDEA? , pois iso, como a "bombilla" dunha idea, ou o debuxo dun corazón entre dúas persoas namoradas... Pillades a IDEA?
LIÑAS DE MOVEMENTO, marcan o movemento dos obxectos ou personaxes da viñeta.
ONOMATOPEAS, son importantes para representar os ruídos.

Con toda esta información traballamos cun montón de exemplos de distintos cómics da Biblioteca.
https://photos.app.goo.gl/w29zC2ftfvDEvEht2

MOI BO TRABALLO!
FELICIDADES A ANDREA, PAULA, KEIRA E NURIA POR COMPARTIR CON 5º OS VOSOS COÑECEMENTOS.
NORABOA A 5º POR APROVEITAR A SESIÓN, POR COLABORAR E PARTICIPAR COMO O FIXESTES!

sábado, 28 de octubre de 2017

TRABALLANDO NO CONTO DE MEDO DESTE ANO

Levamos unha semana traballando no conto de medo deste curso. Como cada ano, elaboraremos un conto colectivo con todas as historias creadas entre todos. Xa temos unha boa colección deles. e gústanos esta actividade porque traballamos en equipo e saen ideas moi creativas. O noso título deste ano é "Falsas apariencias", pero non esperedes que de momento vos contemos algo máis. Ata rematalo e ALTO SEGREDO!!!
PREMEDE EN CALQUERA DAS IMAXES PARA VER AS FOTOS DO QUE ESTAMOS A FACER ESTES DÍAS NA CLASE
https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2


https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2

https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2
https://photos.app.goo.gl/M8gf0UeV7jFQ871J2

jueves, 26 de octubre de 2017

PONTE NO MEU LUGAR. ASPANEPS

https://photos.app.goo.gl/lcwnEkI1RwJPxaUL2
Preme na imaxe para ver todas as fotos da sesión
Como vén sendo habitual nos últimos anos, o pasado día 20 tivemos a visita dun grupo de ASPANEPS, que traballaron cos cursos de 5º e 6º, para dar difusión á campaña "PONTE NO MEU LUGAR", coa que se pretende sensibilizar ao alumnado sobre a discapacidade. 
Unha semana antes recibimos os carteis que encheron os espazos da entrada e corredores, e uns vídeos para ir traballando previamente. 
E o pasado venres, houbo momentos de escoita e diálogo ao comezo; de actividade, con cadeiras de rodas, antifaces e un kit de simulación, que vedes na imaxe, para comprender a sensación de perda de visión, audición, tacto, mobilidade... ; e de reflexión e  resposta, xa na aula. Sen esquecer unha chapa e unha libretiña para cada participante, a lectura do poema de Sheila ( e os PARABÉNS polo seu aniversario ; ), e un diploma de participación para a clase, cos que remataron a súa visita.
Agradecemos e valoramos moito que cada ano nos fagan pensar en todas as barreiras que levantamos, e en todas as que non derrubamos para facer unha vida máis xusta para todos!
Grazas a Miguel, Iván, Sheila e Ramiro, 
e a Sabela e a Xavier, 
por compartir con nós esta mañá.
Ata sempre!!


* VISITA NO 2015
* VISITA DO ANO PASADO
* ASPANEPS. 2010. VISITA Á FEIRA DO LIBRO. OBRADOIRO DE ENCADERNACIÓN.  

jueves, 28 de septiembre de 2017

DIPTONGOS E HIATOS


Probade a entrar nestas páxinas para medir os vosos coñecementos:
As dúas primeiras, para repasar a acentuación de ditongos, tritongos e hiatos en lingua castelá. 
A terceira, para formar palabras, se necesitades repasar sílabas tipo... bl, br, pl, pr, cr, cl... Vale?

ACENTUACIÓN DIPTONGOS Y TRIPTONGOS
ACENTUACIÓN DE HIATOS 

EN GALEGO, ESCRIBIMOS PALABRAS

miércoles, 27 de septiembre de 2017

ESGRIMA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

http://clubesgrimaferrol.com/

Esta mañá, na hora de Educación Física tivemos unha sesión de ESGRIMA con dous compoñentes de Prosema Club de Esgrima Tres Armas. Fixeron unha demostración, logo puidemos practicar nós por equipos, e por último, convidáronnos a visitar as súas instalacións na Malata, onde dan clases a pequenos e maiores todas as tardes de luns a venres. Estas son algunhas das fotos que tomamos!
 
https://photos.app.goo.gl/Vo67KDs9IX6VWhIz1
FAI CLIC NESTA COMPOSICIÓN PARA VER TODAS AS FOTOS

miércoles, 20 de septiembre de 2017

PLÁSTICA

Hoxe fixemos unhas bonitas creacións cun papel que agochaba cores no seu interior e un "clásico" punzón. Queredes ver os resultados?










A que molan?

miércoles, 13 de septiembre de 2017

CASTROS DE GALICIA

Hoxe na clase falamos dalgúns castros que estaría ben visitar. Recordades estes nomes? 
Para todos aqueles que teñades interese en ir algún día, queda este mapa coa ubicación. Non perdades a oportunidade de coñecelos!


martes, 12 de septiembre de 2017

miércoles, 5 de abril de 2017

MIRADE O QUE ACABO DE ATOPAR...!!!

https://goo.gl/photos/EwNN2sT5WaADrNNh6
A QUE MOLA VER  O QUE MEDRASTES??!!
SE QUEREDES RECORDAR ESTAS IMAXES, PINCHADE NA FOTO ; )

jueves, 1 de diciembre de 2016

TRABALLAMOS CON BARRO

ASÍ TRABALLAMOS...









E TODO ISTO FIXEMOS...





 

miércoles, 30 de noviembre de 2016