Primeiro, as propiedades xerais da materia: a masa e o volume; e as propiedades específicas da materia, entre elas, a densidade.
Despois, o que é unha substancia pura e en que se diferencias das mesturas e disolucións.
E por último, catro xeitos de separar os compoñentes dunha mestura: filtración, decantación, o magnetismo e a evaporación.
Manipulando e facendo estes sinxelos experimentos pensamos que será máis doado recordar todo isto.
Cada quen aportou algún dos elementos e botamos man do material do laboratorio. Aínda que hoxe facía algo de frío alí; mellor facelo na clase, quentiños. Trouxemos sal, garavanzos, manteiga, aceite, auga, alcohol, ferro, puntas de ferro, cuarzo, serrín, diferentes imáns, tinta, café, vinagre, ...
HOLA a tod@s!!!! Canto tempo... Xa vexo que facedes cousas moi interesantes. Seguro que aprendedes moito coa profe Rosana.
ResponderEliminarMil bicos!!