Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de noviembre de 2015

SAMAÍN E MAGOSTO: Lectura dos CONTOS DE MEDO

Ángel, Kelly, Abraham, Iker, Elia e Alejandra (detrás). Sofía, Anxo, Berto e Irene (diante).
O pasado 29 celebramos o Samaín e o Magosto no cole. Fixemos o tradicional desfile de cabazas e a lectura dos CONTOS DE MEDO que inventamos nas clases. Despois, PAPAAAAMOS CASTAAAAÑAAAS!!
Queredes ver as fotos? Tedes máis no blog da Biblio.
 

lunes, 10 de noviembre de 2014

BUXAINAS NA CLASE


Mañá seguiremos decorando as nosas buxainaS. Este ano son moi sinxelas porque non nos dá tempo a recortar madeira. Pero vede este adianto que vos amosamos. Simplemente coloreamos o debuxo das láminas que máis nos gustou, e despois pegámolo nun cartón, recortamos e facemos un furadiño no medio iniciándoo cun punzón, introducimos unha pintura afiada, e LISTO CALIXTO!

MARCAPÁXINAS E BUXAINAS DECORADAS

Plantilla que utilizamos para elaborar sinxelos marcapáxinas

Aproveitando que hoxe tiñamos plástica, fixemos estes marcapáxinas e queremos ensinarvos as fotos de como quedaron. Seguro que era mellor telos feito en cartolina branca para decorar coma quixesemos, pero se nos acababan as subsistencias e tiramos polo verde. Bueno, creo que quedaron moi chuliñas.

jueves, 30 de octubre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Rafa e unha das súas cabazas.
¡Outro curso máis!, e parece que foi onte. Nova celebración do Magosto e do Samaín. E novo conto de medo.
Ao longo da semana preparamos esta celebración lendo, creando o noso conto de medo, ilustrándoo, e baleirando as cabazas. 
 O xoves apagamos as luces, acendimos as cabazas e fixemos o desfile ata a sala de usos múltiples para facer a lectura dos contos de medo de todos os cursos, incluído o de inglés. E logo, magosto rico, rico!
Por certo, un día destes subimos o conto de medo: "O conto do esqueleto". Terrorífico e monstroso, cun certo paralelismo con outro dos clásicos "rosa".

jueves, 25 de octubre de 2012

"NOVAS NO NOVO CURSO"

Despois deste mes e medio de ausencia, hoxe comezamos no blog unha nova etapa. 5º e 6º abren as súas portas para este curso 2012-2013. Unha vez máis tentaremos amosar parte das actividades que o alumnado de 5º e 6º realizará dentro ou fóra do centro. Este ano compartimos aula e titoría, aínda que aseguramos o desdobre en matemáticas, lingua galega e coñecemento do medio. Esperamos que sexa un curso propicio para aprender e medrar con autonomía e responsabilidade.
Estreámonos con dúas actividades que tiveron lugar esta mañá no centro.
Ás dez da mañá fíxonos unha visita Pepe, da Asociación micolóxica Viriato. Xuntámonos co 2º ciclo no salón de actos. Alí atopamos unha ampla exposición con moitos e variados cogomelos. De cada un deles explicounos características e curiosidades, e de todos aprendemos un pouco. É un mundo moi, moi grande e xa sabemos que ata que nos convirtamos en especialistas nunca deberemos consumir cogomelos a non ser que unha persoa coñecedora nos asegure que non son perigosas para a nosa saúde.
Pepe explicounos porque é conveniente o uso dun cesto para recoller cogomelos: así facilitamos que as esporas vaian caendo e queden no bosque ou no campeiro de onde collemos o cogomelo. Desta forma contribuímos á súa dispersión.
Estes son parte do cogomelos que puidemos observar na exposición e no campo do noso cole:
Tamén temos fotos da charla. A verdade é que foi moi interesante, e ademais, como podedes observar, pasámolo moi ben, porque Pepe soubo como contarnos "de marabilla" aquilo que pensaba que era importante que aprendesemos:
No blog da Biblio podedes ver, se tedes interese os títulos dalgunhas guías e libros especializados que Pepe nos recomendou.
Desde aquí dámoslle outro aplauso porque fíxonos pasar un tempo moi especial. Gustounos un montón así que moitas, MOITAS GRAZAS!!
 E a seguinte actividade desenvolveuse despois do recreo. É a segunda xornada que realizamos con dúas monitoras do Concello de Ferrol. Nesta sesión puidemos facer algunha foto para que teñades unha idea de como se desenvolve o traballo que facemos. É un obradoiro que xira entorno á igualdade de xénero. Esta mañá, divididos en catro grupos, dous de nenas e outros dous de nenos, fixemos dúas probas: unha coser un pano de forma que conseguisemos obter como resultado unha bolsiña con botón para pechala; a outra proba consistía en armar un pequeno carriño metálico con rodas.
A verdade é que tivemos algunha dificultade, pero... ¿saberiamos dicir en que casos tiveron máis dificultade as nenas ou os nenos? Cremos que é complicado e, de momento non podemos resolver moito porque temos a actividade de hoxe pendente de rematar. Esperamos ao seguinte xoves para tirar conclusións. Xa temos algo avanzado pero, haberá que esperar.
¡ATA A PRÓXIMA!

lunes, 14 de noviembre de 2011

MAGOSTO-SAMAÍN-DÍA DO PEÓN

"Once do once do dous mil once". Si, si, un día máxico tamén no noso colexio: catro esqueletos bailando...
O pasado venres celebramos o Magosto, Samaín e día do Peón. Días antes estivemos facendo contos de medo. "O Neno medica" foi o elexido para ler ese día na Hora de ler por Michelle e Lucía:
Érase unha vez un neno chamada Raúl. Raúl tiña medo de todo, menos da comida, da súa casa e dos seus pais. Un bo día foi coa súa curmá ao zoo e invitouno a ir con ela. Pero el díxolle que o sentía moito, pero non quería saír da súa casa porque tiña medo. Era tan medica que en vez de ir ao colexio tiña que ir unha profesora á súa casa todas as mañás. A Raúl non lle gustaba durmir só, e menos no outono porque pensaba que había monstros, vampiros e meigas. Un día o pai falou co neno para convencelo de que saira á rúa cos seus amigos e amigas: Xana, Marta, Elisa, Lucía, Michelle, Jose, Dani e Rafa. O neno dixo que si, e saíu á rúa cos nenos e as nenas. Perdeu o medo ás rúas, pero ao anoitecer saíu correndo para a casa. O pai comprendeu que o neno tiña medo da escuridade. Compráronlle unha lámpada con moita luz. Cada día unha lámpada con menos luz e por fin perdeulle o medo á escuridade. O día do Samaín foron á festa cos amigos e amigas de Raúl e pasárono xenial. Aquel día perdeu o medo para sempre.

Tamén fixemos buxainas de papel para pegar, de cartón para bailar. Preparamos as caveiras, decorámolas. Desfilamos con elas cara o salón de actos onde cantamos "Samaín" e "Os esqueletos". Nós moviámolos por detrás. Resultou moi divertido. A continuación degustamos as castañas con leite, ¡que ricas...! e rematamos no patio bailando buxainas.