martes, 1 de mayo de 2012

VISITAMOS O MERCADILLO SOLIDARIO DO IES DE CATABOIS


O pasado venres, 27 de abril, visitamos o "Mercadillo Solidario" de libros que os alumnos e alumnas do IES de Catabois organizaron coa fin de recadar cartos para axudar a dúas entidades solidarias: A Cociña Económica de Ferrol e o Bubisher.
Recibíronnos con moito agarimo, tanto o alumnado coma o profersorado. Na Biblioteca explicáronnos como funciona o seu Club de Lectura, e invitáronnos a participar nel cara ao vindeiro curso. Algúns alumnos contáronnos contos que, ata nos fixeron bailar!
E, por suposto, mercamos un lotiño de libros para a nosa Biblioteca. Esperamos que vos gusten!
Por certo, encántame ver nas fotos a moitos dos nosos "ex", que hai nada andaban por estas aulas e visitaban a Biblio do CEIP de PAZOS. Un saúdo agarimoso desde aquí para todos vós. Sempre formaredes parte dos nosos recordos porque sodes un "pedaciño querido" da nosa HISTORIA. Xere, Víctor, Giovanna, Lucía... Bicos.

1 comentario:

  1. Que saída máis solidaria!Hai que ver que maiores están algúns dos ex do cole! Un biquiño.

    ResponderEliminar