miércoles, 2 de mayo de 2012

PROTAGONISTA: A BICICLETA


Hoxe os de segundo e terceiro ciclos aprendemos a coñecer mellor a bicicleta e a conducila con responsabilidade, grazas a Juan, que está na Asociación de Ciclistas Profesionais e sabe moito deste vehículo.
Primeiro estivemos na sala de audiovisuais. Alí explicounos as normas básicas que debemos ter en conta cando usamos a bicicleta: uso do casco, circular polo carril axeitado ou cara á dereita, repectar os sinais de tráfico, sinalizar as manobras co brazo esquerdo, etc.
Pero o que máis nos gustou foi facer a práctica no patio. Cada un, coa súa bicicleta e casco, fixemos diferentes percorridos con obstáculos... Tamén competimos cunha carreira moi especial, gaña o que menos avance.
Díxonos que no mes de Agosto vai pasar a volta ciclista a España por Ferrol e que, por este motivo, vaise organizar unha volta para nenos e nenas, na que podemos participar. Se queres máis información entra en www.lavueltajuniorcofidis.com

Pasámolo xenial.
¡ Juan, grazas e cando queiras volve!


No hay comentarios:

Publicar un comentario