lunes, 14 de noviembre de 2011

MAGOSTO-SAMAÍN-DÍA DO PEÓN

"Once do once do dous mil once". Si, si, un día máxico tamén no noso colexio: catro esqueletos bailando...
O pasado venres celebramos o Magosto, Samaín e día do Peón. Días antes estivemos facendo contos de medo. "O Neno medica" foi o elexido para ler ese día na Hora de ler por Michelle e Lucía:
Érase unha vez un neno chamada Raúl. Raúl tiña medo de todo, menos da comida, da súa casa e dos seus pais. Un bo día foi coa súa curmá ao zoo e invitouno a ir con ela. Pero el díxolle que o sentía moito, pero non quería saír da súa casa porque tiña medo. Era tan medica que en vez de ir ao colexio tiña que ir unha profesora á súa casa todas as mañás. A Raúl non lle gustaba durmir só, e menos no outono porque pensaba que había monstros, vampiros e meigas. Un día o pai falou co neno para convencelo de que saira á rúa cos seus amigos e amigas: Xana, Marta, Elisa, Lucía, Michelle, Jose, Dani e Rafa. O neno dixo que si, e saíu á rúa cos nenos e as nenas. Perdeu o medo ás rúas, pero ao anoitecer saíu correndo para a casa. O pai comprendeu que o neno tiña medo da escuridade. Compráronlle unha lámpada con moita luz. Cada día unha lámpada con menos luz e por fin perdeulle o medo á escuridade. O día do Samaín foron á festa cos amigos e amigas de Raúl e pasárono xenial. Aquel día perdeu o medo para sempre.

Tamén fixemos buxainas de papel para pegar, de cartón para bailar. Preparamos as caveiras, decorámolas. Desfilamos con elas cara o salón de actos onde cantamos "Samaín" e "Os esqueletos". Nós moviámolos por detrás. Resultou moi divertido. A continuación degustamos as castañas con leite, ¡que ricas...! e rematamos no patio bailando buxainas.

1 comentario:

  1. Que ben o pasáchedes!!! Nós ainda temos que esperar ata este xoves para celebralo. Un biquiño.

    ResponderEliminar