jueves, 27 de octubre de 2011

VISITA SORPRESA DE ANTÓN CORTIZAS

Non sei que andará a facer por aí Chispa; non sei, non sei. Se cadra algo anda a liar. Veredes, hoxe, xusto á volta da nosa visita á Aula Reciclaterra, tivemos unha grata sorpresa. Moi, pero que moi grata. De súpeto, abríuse a porta da nosa clase e ¡ZAS!, aí aparece Antón preguntando por Paula Cobo ¡! ¡¿Que?! Si, si, que ¿onde está Paula Cobo? Resulta que na nosa clase temos unha admiradora do noso amigo Antón; e resulta tamén que o noso amigo Antón decidíu agasallala con "Os amores de Bruno". Pero iso non é todo. Trouxo moitos máis libros, un para cada compa de 5º e 6º; o resto, para a Biblio. Así que Paula encargouse de repartir os agasallos de Antón e el non tivo máis remedio que adicar cada libro. Cremos que cando saíu da nosa clase debeu de respirar aliviado. ¡Haa, haa, haa!
¡Ai, Antón! Moitas grazas por estes libros. Empezaremos a súa lectura a vindeira semana na Hora de Ler; pero, se cadra, algún libro xa chegue lido ese luns, porque tan pronto como marchaches a curiosidade fixo das súas, e quen máis e quen menos empezou a ler algúns parágrafos, e así descubrimos, por exemplo, que a Bruno lle gusta xogar ao fútbol como a alguén que nós sabemos; que un dos personaxes chámase Alba, coma outra que tamén coñecemos... ; ademais, á "Escola do Arco da vella" van nenos e nenas de moitos países e de pel de diferentes tonalidades, e iso parécenos moi interesante.
Prometímoslle a Antón ler o libro e chamalo cando rematemos para comentalo con el. Esperamos que sexa moi axiña.
Fixeches de hoxe un día moi especial, por iso, GRAZAS!


¡Fermosas palabras as de Antía, Rosalía e Catarina!
A súa lectura fainos quererte un pouco máis.

2 comentarios:

  1. De estar correxindo un examen a ver entrar a Antón Cortizas pola porta foi algo alucinante que gustoume moito. David 6º

    ResponderEliminar
  2. Ten razón David; Antón non puido escoller mellor momento para entrar na clase. Se xa iamos recibir a súa visita con entusiasmo, imaxinade a situación: de sorpresa e no medio da corrección dun exame de mates!!
    Estes días estivemos lendo "Os amores de Bruno" nas nosas casas, e mañá comezamos a lectura oficial en Hora de Ler.
    Xa vos contaremos.
    Grazas outra vez.
    Rosana

    ResponderEliminar