Empezamos un novo curso escolar e estreamos ciclo, o terceiro. E para empezar, que mellor que explicar con poucas palabras algunha das cousas que fixemos este verán:
"Eu fun á praia e a dúas vodas, a unha delas de dama de honor e a miña irmá de arras. Os vestidos témolos gardados. Tamén fixen deberes".
Lucía
"Xoguei coas miñas amigas e a miña cadela, fun á praia, din paseos polo monte e fixen unha tenda de campaña con mantas e cadeiras".
Elisa
"Nas vacacións fun ao cine con Marta ver KUNG FU PANDA 2".
Xana
"Fun á voda do meu pai; por certo, vou ter un medio irmán. Tamén fun á praia e estiven cos meus avós no Val os días de festa".
Michelle
"Eu paseino fatal porque non puiden saír da casa polo mal tempo que fixo. Os meus irmáns pequenos foron a Portugal".
Dani
"Este verán non fun á praia pero paseino moi ben xogando cos meus amigos. Tiven unha alegría porque o día 4 a miña cadela tivo oito cachorros".
Jose
"Nestas vacacións fun á praia co meu pai, que me está ensinando a nadar. Tamén din paseos cos cans, patinei, andei en bici, lin, fun ao cine con Xana e xoguei coas miñas amigas".
Marta
"Este verán paseino moi ben".
Rafa
Mágoa que o tempo non acompañou moito. Agora despois de pasalo tan ben no verán toca poñerse as pilas. Un biquiño.
ResponderEliminar