Levamos unha semana traballando no conto de medo deste curso. Como cada ano, elaboraremos un conto colectivo con todas as historias creadas entre todos. Xa temos unha boa colección deles. e gústanos esta actividade porque traballamos en equipo e saen ideas moi creativas. O noso título deste ano é "Falsas apariencias", pero non esperedes que de momento vos contemos algo máis. Ata rematalo e ALTO SEGREDO!!!
PREMEDE EN CALQUERA DAS IMAXES PARA VER AS FOTOS DO QUE ESTAMOS A FACER ESTES DÍAS NA CLASE
No hay comentarios:
Publicar un comentario