domingo, 9 de noviembre de 2014

HEXÁGONO INSCRITO NUNHA CIRCUNFERENCIA

Dado que o martes imos celebrar o Día do Peón, imos pensar algo para decorar os que habitualmente facemos na clase. ¿Que vos parece practicar un "sinxelo hexágono" inscrito nunha circunferencia para despois transformardes nalgún outro debuxo que poidades colorear e posteriormente pegar no voso peón?
Aquí tedes unhas láminas que tamén podedes utilizar para decoralas
Despois de facer o voso hexágono, ou decorar un dos debuxos propostos nestas láminas, só teredes que pegalo nun recorte de cartolina do mesmo tamaño ou, para os máis atrevidos, recortar coa serra de pelo un círculo nun taboleiro fino. Pegar ben, furar o centro e colar un lapis, unha pintura afiada, ou un pauíño cortado á medida.
A ver como quedan. ¡Ollo, que imos facer fotos dos máis bonitos!

1 comentario:

  1. Seguro que lles quedan ben bonitiños. Estou desexando velos. Disfrutade do Día do Peón. Unha aperta.

    ResponderEliminar