domingo, 3 de junio de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO



O día 30, 31 de maio e 1 de xuño, fomos de excursión os cursos de 5º e 6º de Primaria coas profes Rosana e Feli, a Cabeza de Manzaneda. Saímos ás 9 da mañá, fixemos unha paradiña para tomar un bocadillo nunha área recreativa de Quiroga.
Chegamos ao noso destino á unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no autoservizo.
Pola tarde tivemos tiro con  arco con Julia, a nosa primeira monitora; e piscina, vixiados polos atentos ollos de Iran. A continuación ceamos e ás 10 da noite, velada con Asur e outros monitores, o xogo  osos e tolos.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
Alejandro ouveou... e os lobos CONTESTARON!!!
O día 31 fomos ao bosque e fixemos o xogo de supervivencia, con Álex,que consistía en facer unha cabana de paos e ramas para sobrevivir no caso de perdérmonos. A foto que vedes é o resultado do que fomos quen de facer en moi pouco tempo, aínda que non o creades!
Despois, karts.
Xa pola tarde piscina, e cabalos con Abel. Ás 10 da noite discoteca.
O último día fixemos sendeirismo percorrendo varios quilómetros pola montaña de Manzaneda.
Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel, levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. Pola tarde, escalada, con Asur e Alejandra.

E por fin, de volta para a casa.

O que máis lle gustou a 5º foi:
  • Karts
  • Piscina
  • Discoteca
Teremos que esperar a mañá para saber cales foron as actividades que máis lle gustou á clase de 6º... Aínda que de algúns podemos adiviñar as preferencias
Por certo..., non vos ensinamos como cargabamos pilas entre actividade e actividade...

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada