miércoles, 17 de febrero de 2016

FALANDO DE PLANTAS

http://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/plantas-raiz.pps#23
Presentación de Adela Leiro
Estes días andamos a traballar coas plantas, por iso pareceume interesante amosar este traballo  de Adela Leiro. Se picastes no seu nome comprobariades que ten unha interesantísima páxina de onde se pode tirar moita información.
Na clase estamos comezando a xuntar material para facer o noso traballo sobre as plantas. Para comezar, asaltamos a biblioteca e collemos todo aquilo que nos pareceu aproveitable. E ademais, andamos a facer fotos para ver de compoñer un mural. 
A nosa exposición de libros na aula
 Estas son as dúas primeira achegas. Iker tirou dúas fotos: calas e clavo.
Clavo (Syzygium Aromaticum)

Calas (Zantedeschia aethiopica)

1 comentario:

  1. As fotos de Íker están xeniais. Seguro que aprendedes moitas cousas sobre as plantas. Xa nos contaredes. Unha aperta.

    ResponderEliminar