lunes, 16 de febrero de 2015

CELEBRAMOS O ENTROIDO


Esta é a nosa clase de 5º, coa nosa profe Feli
E esta, a de 6º, coa nosa profe Rosana
O pasado venres, 13 de febreiro, celebramos, coma todos os anos, a nosa festa de Entroido. Tivemos exposicións de libros recén catalogados, máscaras dos peliqueiros doutros cursos que serviron de decorado... Fixemos festa, tomamos rosquillas con chocolate, e bailamos e desfilamos. Estas son as nosas fotos. 
Alba, a roquera de 5º; e Sonia, a rapera, de 6º, levaron premios aos mellores difraces do terceiro ciclo.
Como facía tan mal tempo, non puidemos queimar o Meco. Á volta, por fin lemos os testamentos que fixemos os maiores e despedímos o Entroido como debiamos. Aquí vos deixamos algunha outra imaxe.
E, se queredes ler os testamentos que escribimos na clase, aquí quedan tamén. O Meco... xa non está entre nós. Viva o Entroido!! Vivaaa!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario