miércoles, 1 de febrero de 2012

A PAZ

"Debemos ser solidarios cos nenos do Sáhara" Jose

"PAZ AMOR BICOS" Rafa

"Temos que ser bondadosos cos nenos e nenas do Sáhara" Lucía

"É necesario axudar aos nenos do Sáhara" Marta

"Hai que xogar con todos e todas" Elisa

"Queremos PAZ no mundo enteiro" Dani

"Hai que compartir con todo o mundo. Enviamos material para
o Sáhara" Michelle

"Debemos pedir perdón e dar bicos. Bicos para o Sáhara" Xana

Así empezamos a traballar A PAZ. A partir dunha lista de palabras fomos compoñendo estas frases que escribimos nas jaimas coas que decoramos a entrada do colexio.
Traballamos ademais no libro colectivo, como vimos facendo hai varios anos. As nosas páxinas son sobre a localización do Sáhara Occidental e fotos dos campamentos de refuxiados das cidades de Smara, El Aaiún, Dajla e Auserd.
Seguimos lendo libros da exposición durante estes días, facemos actividades de Internet e vimos moitas fotos con texto que enviaron ás escolas de Galicia. Comprobamos como son as súas "bibliotecas",os contacontos, o teatro, os xogos...
Estamos xuntando libretas e lapis para enviarlles porque queremos axudarlles.
Tamén queremos mandarlles moitos bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario