viernes, 1 de abril de 2011

ENTROIDO

¡¡Anda que estamos guapos!!
Aquí vos deixamos o noso TESTAMENTO

Chegou o momento

do meu pasamento.

Vaise o inverno

e chegará o bo tempo.

Aos pequenos de Infantil

que tan choromicas son,

déixolles cebola

para que choren mellor.

A este terceiro ciclo

que comendo chicles sempre está,

recoméndolle algo de deporte

que non lle virá nada mal.

Aos profes do colexio
que tan malvados son,
unhas boas vacacións
e un gran quilo de carbón.
E para Xaime,Carme e Aurora
un saquiño de paciencia
e unha dose de resistencia
para aguantarnos a cada hora.

E, se queredes, pero só se queredes, podedes ver un pedaciño do vídeo que nos gravou a profe Rosa. Grazas, profe, es un SOL!!!

Coma sempre, tedes máis información no BLOG DA BIBLIO.

¡VIVA O ENTROIDO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario