jueves, 14 de octubre de 2010

TRABALLAMOS COAS LUPAS BINOCULARES




O outro día estivemos mirando coas lupas binoculares o interior dalgunhas flores que collemos no campo do cole.

Puidemos observar o pistilo, os estames, a corola, o cáliz e tamén diversas raíces.
Despois de identificar as partes que estabamos estudando probamos a mirar outros materiais como a casca dunha noz, a pel dun dedo, unha moeda, diversas teas, terra,... É impresionante todo o que esconde o mundo microscópico. Ás veces dá un pouco de ... grrrrbrrrruuubbrrr. Pero sempre é alucinante e sorprendente. ¿A que si?

No hay comentarios:

Publicar un comentario