miércoles, 30 de noviembre de 2016
martes, 8 de noviembre de 2016
PONTE NO MEU LUGAR: Iguais pero diferentes
O pasado catro de novembro tivemos unha interesante visita. Por segundo ano consecutivo ASPANEPS impatíu aos maiores de quinto e sexto unha sesión dentro do programa de Sensibilización sobre a Discapacidade. Unha interesante actividade na que sempre aprendemos e melloramos á hora de comprender os problemas aos que se enfrontan as persoas con calquera discapacidade.
lunes, 12 de septiembre de 2016
miércoles, 22 de junio de 2016
VENTE A PAZOS
Queremos dar o noso máis sinceiro agradecemento a todas as persoas que fixeron posible este video.
Grazas infinitas a Guadi Galego, quen deixou unha pegada imborrable no noso Centro; a Karlos Abal e a Isaac Palacín polo seu traballo desinteresado e a súa inesgotable paciencia; a Antón Cortizas por querer vir partillar este día connosco; a Feliciana Fresco, que aínda que non puido achegarse ese día, estivo presente nos nosos corazóns; e en definitiva, a todos e todas as persoas que formaron e forman parte da nosa Comunidade educativa, pais e nais, familias enteiras que nos apoiades de xeito incondicional, alumnado, ex-alumnos; especialmente, ao IES de Catabois, que encheu un autobús de emocións e reencontros...
Grazas por facelo posible. A todos e cada un dos que estivestes ou quixestes estar pero non puidestes. Infinitamente, grazas.
Grazas infinitas a Guadi Galego, quen deixou unha pegada imborrable no noso Centro; a Karlos Abal e a Isaac Palacín polo seu traballo desinteresado e a súa inesgotable paciencia; a Antón Cortizas por querer vir partillar este día connosco; a Feliciana Fresco, que aínda que non puido achegarse ese día, estivo presente nos nosos corazóns; e en definitiva, a todos e todas as persoas que formaron e forman parte da nosa Comunidade educativa, pais e nais, familias enteiras que nos apoiades de xeito incondicional, alumnado, ex-alumnos; especialmente, ao IES de Catabois, que encheu un autobús de emocións e reencontros...
Grazas por facelo posible. A todos e cada un dos que estivestes ou quixestes estar pero non puidestes. Infinitamente, grazas.
viernes, 26 de febrero de 2016
Traballando o DIÁLOGO
Este diálogo sae da libreta de galego de Sofía. Resposta a unha actividade do libro na que se pedía que, utilizando os guións, inventasen un diálogo no que un dependente convence a unha clienta de que se leve unha prenda que non desexa...
jueves, 25 de febrero de 2016
HORA DE LER NA CLASE
AS PLANTAS
Estes días andamos a facer a nosa primeira presentación no ultraportátil. Estamos estudando as plantas: Como son, que necesitan para vivir e fabricar o seu propio alimento, a fotosíntese e a respiración, e a reprodución sexual e asexual. Para iso extraemos información do libro, e utilizamos bancos de imaxes como Intef, ou outras ás que temos acceso a través da páxina do noso blog: Para aprender xogando.
Tamén andamos a tirar fotos coas nosas cámaras ou teléfono para incorporar ao traballo. Esperamos poder amosarvos os resultados moi axiña.
miércoles, 24 de febrero de 2016
DÍA DE ROSALÍA
![]() |
Abraham, Iker e Anxo. |
Despois do acto da Biblioteca a primeira hora da mañá, os nenos e nenas de 5º aínda quedaron un pedaciño para seguir recitando versos e estas son as fotos:
Por certo, temos máis ilustracións de Rosalía; a de Sofía. Querédela
ver? Pois aquí a tedes...
Ah, e non esquezamos o deseño da chapa de Irene!
Esta clase está chea de artistas!
Máis información sobre o día, no blog da Biblioteca
Etiquetas:
Día de Rosalía,
Ilustración,
Rosalía de Castro
lunes, 22 de febrero de 2016
Achégase o DÍA DE ROSALÍA
Irene e Anxo xa remataron os seus retratos de Rosalía de Castro. Nuns días esperamos ensinarvos o resto; xa sabedes que o 24 celebraremos o seu día con recitado de poemas e música. Mentres, seguimos cos preparativos...
Anxo e Irene, estes retratos están fenomenal.
Felicitacións aos dous!
![]() |
Ilustradora: Irene Fraguela Trastoy |
![]() |
Ilustrador: Anxo Grandal Lama |
miércoles, 17 de febrero de 2016
FALANDO DE PLANTAS
![]() | ||||||||
Presentación de Adela Leiro |
Estes días andamos a traballar coas plantas, por iso pareceume interesante amosar este traballo de Adela Leiro. Se picastes no seu nome comprobariades que ten unha interesantísima páxina de onde se pode tirar moita información.
Na clase estamos comezando a xuntar material para facer o noso traballo sobre as plantas. Para comezar, asaltamos a biblioteca e collemos todo aquilo que nos pareceu aproveitable. E ademais, andamos a facer fotos para ver de compoñer un mural.
![]() |
A nosa exposición de libros na aula |
Estas son as dúas primeira achegas. Iker tirou dúas fotos: calas e clavo.
![]() | ||
Clavo (Syzygium Aromaticum) |
![]() |
Calas (Zantedeschia aethiopica) |
lunes, 1 de febrero de 2016
ASÍ TRABALLAMOS NO LIBRO COLECTIVO DA PAZ
![]() |
Traballo con libros, libretas, atlas e pizarra dixital |
Esta ano elaboramos o novo LIBRO COLECTIVO DA PAZ. O tema escollido foi "OS REFUXIADOS". Nós tivemos que buscar información sobre as zonas en conflito do planeta e localizalas e presentalas nun mapamundi.
Así traballamos na aula:
Máis información no Blog da Biblioteca
jueves, 5 de noviembre de 2015
HOTEL TRANSILVANIA EN CANTERVILLE
Este é o conto que prometimos ensinarvos. É o conto colectivo que preparamos os nenos e nenas de 5º este curso para a nova edición dos CONTOS DE MEDO. Ao tempo que iamos creando esta historia entre todos e todas, escribímola nas nosas libretas. Despois pasámolo á plantilla dos contos deste ano.
E este é o resultado:
E, por se a alguén non foi quen de lelo nestas imaxes, agora pode facelo.
HOTEL TRANSILVANIA EN CANTERVILLE.
Unha especial noite de outubro, o día do Samaínm aconteceu unha asombrosa, arrepiante e horrible historia.
Os nenos de quinto recibiramos meses atrás unha invitación anónima para asistir a unha festa de Samaín en Canterville. Aló nos fomos de excursión nerviosos e un pouco medosos.
No hotel recibiunos un home de cara pálida, vestido cunha capa negra e forro vermello. Pensabamos que era un disfrace pero algo sospeitoso había na súa mirada.
Instalámonos nas nosas habitacións e preparamos os traxes para a festa da seguinte noite.
O home de cara pálida recibiunos no comedor á hora da cea. Propuxo un brinde, e alzou a súa copa cun escuro e vermello viño "presuntamente" creado por el, ao tempo que miraba para os nosos pescozos.
Despois da cea subimos ás nosas alcobas. A media noite, cando todo estaba escuro e silencioso, escoitamos uns golpes ao unísono nas portas, seguidos dun incómodo e ata estarrecedor ruído de cadeas. Ninguén se atreveu a saír pero non pegamos ollo en toda a noite.
Ao día seguinte, cando chegou a hora da festa, baixamos ao salón. Eramos un nutrido grupo de bruxas, fantasmas, monstros, repelentes tarántulas..., e unha cabuxa diabólica.
Ao pouco de comezar o baile, fundíronse as luces, e a música cesou. E...cha, cha, chaaaaan! No alto da escaleira apareceu Drácula rodeado de morcegos; eran os seus secuaces. Baixaron e rodeáronnos coa intención de chucharnos o sangue.
Cando xa estabamos a piques de nos converter en asquerosos e arrepiantes vampiros, unha luz cegadora espantou aos vampiros. Era Sir Simon que traía a intención de salvarnos a vida, ao tempo que acababa coa escravitude á que levaba sometido durante séculos. Enfadado lanzou estacas aos vampiros, converténdoos en cadros, que trouxemos de "souvenir" para o colexio de Pazos.
Despois desta incrible aventura, retornamos ao colexio contentos e cheos de agasallos de Sir Simon. O que máis nos gustou foi a cabuxa diabólica que no maleteiro ía desafinando a canción do Samaín.
miércoles, 4 de noviembre de 2015
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
![]() |
Traballamos na aula cos ultraportátiles. Estes son os nosos comezos. |
Este curso comezamos con certa demora a traballar no PROXECTO ABALAR a causa dos dous ultraportátiles que temos solicitados. Onte, tivemos a primeira sesión na que lemos o protocolo de utilización e nos familiarizamos co funcionamento. Hoxe armámonos de paciencia e visitamos os enlaces de MATEMÁGICAS e tamén os de PARA APRENDER XOGANDO.
lunes, 2 de noviembre de 2015
SAMAÍN E MAGOSTO: Lectura dos CONTOS DE MEDO
![]() | |
Ángel, Kelly, Abraham, Iker, Elia e Alejandra (detrás). Sofía, Anxo, Berto e Irene (diante). |
O pasado 29 celebramos o Samaín e o Magosto no cole. Fixemos o tradicional desfile de cabazas e a lectura dos CONTOS DE MEDO que inventamos nas clases. Despois, PAPAAAAMOS CASTAAAAÑAAAS!!
Queredes ver as fotos? Tedes máis no blog da Biblio.
Etiquetas:
contos de medo,
magosto,
outono,
samaín
Suscribirse a:
Entradas (Atom)