National Geographic Channel |
Rosetta é unha sonda espacial, lanzada dende a Terra no ano 2004. Hoxe, despois de orbitar durante dez anos, enviou a Philae (un módulo de aterraxe) á superficie dun cometa para analizar a súa composición.
Esta operación é un importante avance para entendermos a formación do Sistema Solar. Pero tamén poderemos ou non confirmar unha hipótese: saber se a auga dos nosos océanos procede dos cometas que hai millóns de anos impactaron contra a Terrra.
Tamén permitirá comprobar se esa auga ten materia orgánica. Isto tamén podería axudar a comprender como se orixinou a vida na Terra.
Por tanto, somos todo oídos. ¿Imaxinades que se descubran organismos nesa auga?
Se queres comprobar se comprendiches ben, podes velo traducido ao castelán. Pero seguro que te quedaches con moita información, a que si? Os pequenos esforzos axúdanos a medrar e aprender...
Para máis información podedes picar na páxina da
Que interesante, Chispa! Grazas por compartilo. Unha aperta.
ResponderEliminar