viernes, 14 de noviembre de 2014

CHARLA SOBRE A IGUALDADE


Despois de Hora de Ler, tivemos unha actividade no cole sobre a Igualdade. Por un lado, 1º, 2º, e 3º, nesta última aula; e polo outro, 4º, 5º e 6º, nesta última tamén. Igual ca outros anos, o Concello de Ferrol ofertou aos coles a posibilidade de participar neste proxecto, Desta vez presentárono en forma de xogo. Os maiores tivemos que repartírmonos en grupos de cinco ou seis, e cun dado e un "taboleiro" empezamos o xogo. Tivemos que contestar algunhas preguntas, realizar mímica para superar certas probas e analizar pequenos vídeos extraídos de películas de debuxos animados, como as de Disney, por exemplo. E sempre tendo en conta o parecer e as opinións do grupo tomabamos as decisións que nos pareceron axeitadas. Analizamos as frases e as actitudes sexistas e dialogamos e reflexionamos sobre elas. A verdade é que estivo moi ben.

1 comentario:

  1. Paréceme unha gran iniciativa do Concello. Seguro que aprenderon e disfrutaron moito coa charla. Un bico.

    ResponderEliminar