Mostrando entradas con la etiqueta museo etnográfico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta museo etnográfico. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de enero de 2012

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO



Onte salimos ás dez e cuarto rumbo á Capela. Os de 1º,2º e 3º quedaron no colexio de alí participando co alumnado de 3º ( que facían de monitores ) en varios xogos populares. Teñen un museo de xoguete moi interesante e saben moitos xogos.
Os de 4º, 5º e 6º fomos visitar o Museo Etnográfico. Está ubicado no lugar de Pazo, nunha casa de pedra restaurada, que na antigüidade foi a reitoral. Alí esperábannos Secundino e María, que foron os nosos guías. Divididos en dous grupos fomos facendo un percorrido polas dependencias da casa: a cociña, o cuarto e as salas de oficios ( tecelá, costureira, carpinteiro, zoqueiro, afiador, zapateiro, cesteiro, serranchín...) explicándonos a utilidade e nomes de moitos obxectos que iamos vendo e que se utilizaban hai moitísimos anos e pouco a pouco foron desaparecendo pola chegada das máquinas, e en consecuencia tamén foron desaparecendo moitos oficios e actividades.
Por fóra tamén había máquinas grandes antigas, como unha de mallar que foi doada polos pais de Manuela, unha profe do noso colexio.
Este museo é moi interesante. Recomendámovolo. Podedes ir coa vosa familia e amizades.