martes, 20 de mayo de 2014

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

Nin unha pequena gota caeu hoxe sobre as nosas cabezas. ¿Será que iamos tan preparados que a choiva mirou para outro lado?
Ao longo desta mañá fixemos unha fermosa saída, xunto ao segundo ciclo, ás Fragas do Eume. Repartimos o tempo entre a paraxe natural e o Mosteiro de Caaveiro. Acompañounos Fran, un monitor que resultou ser un magnífico mestre de ciencias, canto, malabarismo, historia. Explicounos cunha paciencia e humor admirables un montón de curiosidades sobre todo o que tiñamos ao noso redor: árbores, plantas, pedras, animais... Moitas grazas, se nos les, por compartir con nós tantos e tantos pequenos detalles.
Textos de "No corazón do bosque", de Agustín Fernández Paz, no blog da Biblioteca.

1 comentario: