ESTE É O PROGRAMA para o 28, 29 e 30 de maio:
Día 1º
FERROL – RIBEIRA DE PENA
Saída a
primeira hora da mañá cara a Ribeira de Pena (Portugal). Traslado ao complexo
Pena Aventura Parque. Acomodación. Xantar e pola tarde actividades de:
· Percurso Aventura: Rutas de aventura entre as árbores. Trátase de
circuítos con pontes tibetanos, tirolinas e redes integrados na natureza que farán
poñer en práctica as nosas habilidades para alcanzar alturas como as copas das
árbores.
· Escalada (rocódromo).
· Slide. Deporte de aventura que consiste nun descenso rápido, onde
nos deslizamos por un cable de aceiro tensado con inclinación, utilizando como
soporte algún equipamento de escalada.
Cea, Caza do
tesoro nocturno e aloxamento.
Día 2º
RIBEIRA DE PENA
Almorzo e pola mañá actividades:
·
Percurso
pedestre (Gravuras Rupestres Lamelas).
·
Fantasticable
ou mini cabo: Unha impresionante tirolina de máis de 1.200
metros de distancia entre as montañas Bustelo e Lamelas, 150 metros de altura
que nos subirá a adrenalina “a tope” poidendo alcanzar ata 120 km/hora coas
máximas medidas de seguridade. É o máis parecido a voar que podemos experimentar
sen entrenamento.
Xantar e pola tarde actividades de:
·
Tiro con
arco.
·
Canoas en
augas tranquilas + Paddleboarding: deporte acuático variante do
surf, sobre unha plancha e cun remo nos desprazamos sobre a agua.
Cea, discoteca e aloxamento.
Día 3º
RIBEIRA DE PENA – FERROL
Almorzo e actividades de:
·
Salto Negativo. Atados a 2 cables somos proxectados
en sentido vertical a 15 metros de altura nun segundo, o equivalente a 500 km/h
proporcionando unha explosión de adrenalina.
·
Alpine Coaster (Novidade 2014)
Xantar e regreso a Ferrol. Breve parada en ruta e chegada.
E ESTAS, AS COMIDAS... Mmmmmm...
COMIDAS
1. Día 28:
Xantar: Tenreira
con chícharos, arroz e patacas fritidas.
Cea: Costeletas
de porco con arroz.
2. Día 29:
Xantar: Petiscos
de carne con ensaladilla rusa.
Cea: Polo asado con cogomelos e arroz.
3. Día 30:
Xantar: Guiso de carne con legumes.
Seguro que o pasades fenomenal. Moi boa viaxe!!!!!!
ResponderEliminar