jueves, 28 de noviembre de 2013

¿QUE LEMOS? "HORA DE LER" en 5º e 6º.


¿Recordades? No noso centro decidimos que "HORA DE LER"  sería a primeira hora da mañá, nada máis entrar. É un momento tranquilo e parécenos moi apropiado para adicarllo á lectura. Hoxe fun un pouco indiscreta, e tomeime a liberdade de facer algunha foto. Como vedes temos gustos moi variados que van dende o cómic ao conto, pasando por algún libro de animais, experimentos, monstruos ou deporte. Tan poucos e tantos temas diferentes.  
Se observades as imaxes, veredes que tamén contamos con dous libros electrónicos que van rotando por todos os alumnos e alumnas do terceiro ciclo. Cada quen le neles ata rematar o libro que tivese escollido; logo pode pasar a outro.

1 comentario: