sábado, 30 de noviembre de 2013

ORINOCO: VIAXE A UN MUNDO PERDIDO

A saída deste venres estivo moi ben. Aprendimos moitas cousas que nos eran descoñecidas e vimos unha cantidade impresionante de obxectos de todo tipo fabricados con materiais da selva da Amazonía da rexión do Orinoco.
É unha exposición moi interesante que estará aberta ata o 12 de xaneiro. Tedes máis información no Blog da Biblio Xoán Farias.
Neste enlace podedes ver as fotos da saída, no Blog da Biblio
As lendas das doce etnias que habitan no Orinoco tamén están recollidas aquí.
O guía que nos acompañou amosounos algúns segredos do edificio deseñado polo famoso arquitecto Peter Eisenman.

Amosou a diferenza entre unha coloumna e un pilar. ¿Recordades? A columna ten a súa base circular; o pilar, cadrado. Fíxonos observar as columnas e os pilares do edificio do museo. Algún pilar parecía estar totalmente torto, pero comprobamos que non era así, verdade?
Pero o mellor de todo foi un segredo... que... claro, se o contamos, deixará de ser segredo. Así que como prometimos que calariamos a boca, non nos queda outra que poñer unhas imaxes sen palabras e, quen quera saber, terá que preguntar e investigar.


Por último podedes visitar esta páxina onde hai varias reportaxes sobre o traballo de Eisenman na Cidade da Cultura:

No hay comentarios:

Publicar un comentario