jueves, 28 de noviembre de 2013

ORINOCO: VIAXE A UN MUNDO PERDIDO: Visita á Exposición no Gaiás

https://www.cidadedacultura.org/en/event/orinoco
Mañá faremos unha visita á Exposición da Cidade da Cultura, no Gaiás, onde veremos unha extensa mostra sobre a cultura do Orinoco: instrumentos musicais, máscaras, coroas de plumas, cestería, canoas, instrumentos de pesca...
Exposición sobre doce etnias que habitan o Amazonas venezolano: De’áruwa (Piaroa), Ye’kuana, Yanomami, Híwi (Guahibo), E’ñepa (Panare), Wakuénai (Curripaco), Baniva, Baré, Puinave, Warekena, Tsase (Píapoco) e Hoti.
Temos moi pouco tempo para gozar desta exposición xa que o horario de apertura é un pouco tarde, e ata as once da mañá non poderemos entrar; así que haberá que aproveitar ao máximo cada segundo para poder asimilar canto máis, mellor. 
¡Contarémosvos!
Río Orinoco na Wikipedia 
Vídeo:

El hombre y la tierra - En busca de los indios del Alto Orinoco

Pola mañá estivemos preparando a visita. Localizamos no atlas o Río Orinoco, falamos da súa situación, do seu clima... vimos algún vídeo sobre a vida neste río, e visitamos a páxina da exposición no Gaiás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario