Ola a todos e todas. Queremos compartir con vós, con quen estea lendo este blog, o experimento que estamos facendo na clase de Coñecemento do Medio en 6º. Estamos estudando o que é a densidade, e para comprobalo, nada mellor que experimentalo, non é?
DENSIDADE: Relación que existe entre a masa e o volume, dun corpo tomando como referencia o aire para os gases e a auga para os líquidos e os sólidos.
A clase de hoxe deunos para facer a metade do experimento. Mañá, se algún trasno non fixo das súas, continuaremos onde o deixamos. Senón, ¡volta a empezar! ¡Así é a ciencia!
Meriais para comparar distintas DENSIDADES |
Estou desexando ver a segunda parte do experimento. Xa nos contaredes, xa. Unha aperta.
ResponderEliminar