Porque o queremos moito... |
Fixemos un remuíño de títulos no encerado e votamos. "Rafa é feliz" foi escollido para escribir e compoñer xunto cos traballos de todo o colexio un libro colaborativo, con motivo do Día dos Dereitos da Infancia e os Dereitos Humanos, porque rápidamente pensamos que tiña moitas posibilidades. Incluso el deunos algunhas pistas para completar o texto. Así quedou, escrito con todo respecto ao noso amigo e compañeiro. (No blog da Biblio atoparedes moita información sobre a nosa celebración.)
RAFA É FELIZ
Rafa é o noso compañeiro e amigo. Rafa é un pouco
revoltoso.
Gústanlle moitas cousas: as motos e os coches,
facer karate, o fútbol, os cabalos e as galiñas.
É mouro, de pelo curto, usa gafas e leva un
sorriso pintado todo o día na súa cara.
Rafa é moi cariñoso.
O outro día, na escola, houbo un problema. Coma
outras veces, algúns nenos aproveitáronse de el, e gastáronlle algunha broma
pesada das que non se deben facer.
A nós gústanos axudalo, e ese día, coma outras
veces, fixémoslles comprender que temos que respectar a Rafa, coidalo e darlle
agarimo.
Desde entón, non lle volveron a gastar esas bromas
pesadas, porque entenderon a nosa mensaxe.
Gustaríanos que de maior sexa un home feliz, que encontré un traballo digno que lle
sirva para ser autónomo na súa vida. Gustaríanos que os seus dereitos sexan sempre
respectados como nos gusta que sexan respectados os nosos.
¿Qué pensades vós?
Rafa ten Síndrome de Down,
é o noso compañeiro e amigo,
e é un pouco revoltoso.
O 5º DEREITO di:
O neno que sufra alguna deficiencia física, mental
ou social, ten que recibir tratamento, educación e as atencións necesarias que
reclama a súa particular situación.
Deixáchedesme sen palabras. Unha entrada preciosa e moi tenra. Un biquiño para todos e unha gran aperta para Rafa.
ResponderEliminar