lunes, 10 de diciembre de 2012

GALLAECIA PETREA

4º, 5º e 6º de Primaria, na visita á Cidade da Cultura para ver a  EXPOSICIÓN GALLAECIA PÉTREA

O pasado día 5 de decembro fixemos unha saída co colexio de Valón. Visitamos a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Alí vimos dúas exposicións: Gallaecia Petrea e Os Códices, ¡o Calixtino incluído!
Entre unha e outra fixemos unha paradiña para tomarnos a "merenda", e despois despedímonos facendo algunha que outra "escalada". Estivo fenomenal. A mañá fíxosenos moi curtiña...
Á volta deixamos aos nosos compañeiros de Valón no seu cole, e nós quedamos todos a comer os nosos bocatas cos profes, e con Aurora, a encargada do comedor.
Pasámolo moi ben. Esperamos que se repita!
Se queredes ver un montón de fotos máis, podedes enlazar con GALLAECIA PETREA NO BLOG DA BIBLIO.
¡Saúdos e ata pronto!

2 comentarios:

  1. Nós imos este xoves. ESpero que os nosos rapaces o pasan tan be coma vos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Que sorte nos non iamos eh profe!Un abrazo a todos

    ResponderEliminar