A verdade é que aínda non vós saudamos; é que non fixeramos a foto para presentármonos. Aquí está o terceiro ciclo ao completo. Si, somos poucos, pero
imos aproveitar esta circunstancia para traballar a tope. Empezamos con ilusión e ánimos e demostrarémolo!!
Hoxe estivemos falando da Biblioteca. Todos queremos formar parte do Equipo, así que mañá pasaremos por alí para formalizar o contrato e facer a FOTO-DO-EQUIPO-DA-BIBLIOTECA, que será algo parecida a esta, porque ser, imos ser os mesmos. Menuda responsabilidade...
En plástica rematamos uns debuxos que comezaramos coa profe substituta, Sesé. Desde aquí enviámoslle un saúdo agarimoso. Que teñas moita sorte, profe!
Pero canto medraron estes raparigos e raparigas! Seguriño que fan un curso fantástico. Unha agarimosa aperta.
ResponderEliminar