viernes, 10 de noviembre de 2017

O CÓMIC: TRABALLO EN EQUIPO -

https://photos.app.goo.gl/w29zC2ftfvDEvEht2
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

Esta mañá tivemos unha sesión adicada ao cómic. As nenas de sexto explicaron con exemplos, ao grupo de 5º, como analizar un cómic dende o punto de vista da forma:

PLANOS: xeral, medio, enteiro, primeiro plano, plano de detalle...
ÁNGULOS ou ENFOQUE: frontal, picado e contrapicado.
GLOBOS: (distintas formas para expresar ou enfatizar o texto que conteñen) de diálogo normal, de pensamento, de enfado... Globo en "off", se o personaxe que fala non está presente na viñeta.
TEXTOS DE APOIO, que dan información extra que non ofrecen nin a imaxe, nin os globos.
METÁFORAS VISUAIS, apoian as liñas de movemento, as onomatopeas, ou, simplemente as identificamos cunha idea. Dixen IDEA? , pois iso, como a "bombilla" dunha idea, ou o debuxo dun corazón entre dúas persoas namoradas... Pillades a IDEA?
LIÑAS DE MOVEMENTO, marcan o movemento dos obxectos ou personaxes da viñeta.
ONOMATOPEAS, son importantes para representar os ruídos.

Con toda esta información traballamos cun montón de exemplos de distintos cómics da Biblioteca.
https://photos.app.goo.gl/w29zC2ftfvDEvEht2

MOI BO TRABALLO!
FELICIDADES A ANDREA, PAULA, KEIRA E NURIA POR COMPARTIR CON 5º OS VOSOS COÑECEMENTOS.
NORABOA A 5º POR APROVEITAR A SESIÓN, POR COLABORAR E PARTICIPAR COMO O FIXESTES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario