viernes, 6 de febrero de 2015

CINENSINO:EL VERANO DE SUS VIDAS



O pasado martes fomos ao teatro Jofre para ver "El verano de sus vidas", interpretada por Morgan Freeman.
Conta a historia de Monte, un escritor de novelas do oeste, que se vai de vacacións, buscando un pouco de tranquilidade.O sobriño encóntralle onde pasalas. Poderá quedarse na casa dun amigo, a condición de coidarlle o can. 
A Monte espéralle unha sorpresa:Charlotte O´Neil, unha atractiva divorciada, con tres fillas.
Lucas: Creo que é unha película moi boa. O que máis me gustou foi cando Monte ameaza con disparar ao pallaso.
Cristian: Pareceume unha película entretida porque ten algo de humor.
Sonia: Houbo demasiadas "palabrotas". Pero aínda así, gustoume moito. 
Álex: Foi unha película divertida, con moitas risas. Creo que non vale para os nenos pequenos, pero a nós pode axudarnos a aprender a imaxinar.
Cristian A.: A película foi graciosa porque Monte dicía moitas tonterías. Gustoume toda a película.
Aitana: Gustoume moito porque é moi imaxinativa. Paréceme que ensina a pensar. Eu faría como a nena, aferrarse a que lle dese clases de imaxinación.
Edu: O que máis me gustou foi o final; cando o can vai xunto de Monte, e Monte non se cambiará de casa. Tamén me gustou cando as fillas, Finnegan e Willow, máis o amigo se foron á illa buscando un tesouro.

Escrito por: Armando Hernández Gómez, Cristian Blanco Muiño e Lucas Grandal Lama.

1 comentario: