viernes, 28 de noviembre de 2014

VISITA A EXPONAV

Onte realizamos a visita a EXPONAV. Foi unha saída moi interesante. Tivemos a sorte de entrar no Arsenal pola Porta do Dique, visitamos as instalacións deste novo museo, fixemos un pequeno obradoiro de nós e, ao finalizar asomamos un pouco a vista ao Dique da Campá onde estaban a facer a reparación do remolcador de altura Mahón.

Tedes todas as fotos en "Coñecendo Ferrol".
Queremos compartir  unha recomendación que nos fixeron desde EXPONAV. Xa  visitamos varias veces esta páxina;  mercamos cordas e estivemos practicando. Esperamos que a aproveitedes tanto coma nós:

No hay comentarios:

Publicar un comentario