Inseparables dende hai uns días |
Creo que mañá Edu poderá facernos unha recomendación de lectura con pleno coñecemento, e é que estes días o seu libro de Drácula, da colección Kalafate, de Almadraba, e el foron inseparables. Non houbo segundo que non aproveitase para ler unhas liñas; de pé, sentado no seu recanto favorito, contra un dos radiadores da aula, entre clase e clase... En fin, a última hora fíxose co final, e pola cara, creo que quedou satisfeito. Mañá nos dirá...
Bram Stoker |
¿Que diría Bram Stoker se levantase a cabeza? ¿Sabedes que escribiu Drácula no ano 1897?
No hay comentarios:
Publicar un comentario