¡Ola a todos e todas! Só queremos saudar e comunicarvos que hoxe, ¡por fin! tivemos a primeria sesión de ABALAR. Isto vai estar chupado. Encantounos e estamos desexando utilizalos.
O primeiro que fixemos foi aprender a coller os ultraportátiles do carro. Saber en que orden, e como se collen. Despois fixámonos ben no teclado, e a profe Feli foinos explicando para que servían algunhas das teclas, como usar o puteiro, ... como debiamos actuar cando temos os ordenadores enriba da mesa, saber que temos que utilizalos con coidado para non danalos, xa que serán os nosos compañeiros ata que acabemos 6º, e despois virán outros compañeiros e compañeiras que tamén os usarán.
Logo disto, a profe Rosana amosounos como entrar neste blog de "Cadernos de Quinto e Sexto", é dicir, o noso blog este curso, e dende alí acceder a moitas actividades que se atopan na páxina "Para aprender xogando". Hoxe, para facer unha práctica entramos nos mapas interactivos que están aloxados no Symbaloo. E estivo xenial porque son moi doados de solucionar, e, se tes dificultades, a base de repetir vas aprendendo. Creo que nos imos levar moi, moi ben.
Deixámosvos algunha foto da sesión. E é que isto había que inmortalizalo!!!
Xenial! Que boísima noticia! E que interesados e concentrados se ven! Eu se sigo neste cole e no terceiro ciclo tamén quero pedir o Abalar. Unha aperta.
ResponderEliminar